Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 210 Buraca», aínda que figura tamén «As Leiras de Xeme o Trigueira» que entendemos que se corresponden xa coas que coñecemos na actuali- dade. Á Trigueira relacionada coa Buraca faise mención tamén no foro de José Castro do 1802 (–> A Capela do San Cibrán). Troncales, Os Do latín truncale , derivado de truncu , que ten o significado de ‘ mu- tilado, falto dalgunha das súas partes’, que no caso das árbores serían as pólas. Segundo Navaza (2006: 549) os topónimos relacionados co xenérico tronco poderían facer referencia á presenza no lugar así no- meado de arborado aproveitable para madeira. En Baruxáns, abranguen o conxunto de terras, agora a poulo e con gran cantidade de árbores e arbustos propios de zonas húmidas, que queda na vagoada que temos na marxe dereita da estrada de Bembrive, aproximadamente no punto medio entre a rúa do Cacheno e a rotonda de Eifonso, fronte ás terras de Fionde. Ao sur, O Rego dos Troncales que vén das Amieiras e baixa polos Troncales, sepáraos da Trigueira. A Presa dos Troncales é coñecida tamén como (–>) A Presa da Castiñeira. No Catastro de Ensenada aparece sempre en singular, «(O) Tron- cal», polo que, unha vez máis, estamos ante un plural secundario. En todo caso, a forma tradicional do plural sería Troncás e non a coinci- dente co castelán Troncales . Urxeira, A Do latín hordeu , o orxo ( Hordeum vulgare ), unha gramínea herbá- cea, é dun dos cereais cultivados dende máis antigo pola humanidade, inicialmente para o consumo directo do gran tostado (hai evidencias do Neolítico) e posteriormente para a elaboración de pan coa súa fariña ou para a obtención de cervexa mediante a fermentación dos grans, ademais de para a alimentación animal. Tamén se coñece co nome de cebada . En Bembrive, onde era de cultivo habitual ata non hai moitos anos, o orxo adoitaba mesturarse con outros cereais para a elaboración do pan, principalmente centeo, e empregábase por suposto para a alimentación animal. Pero ademais disto, o seu cultivo, pouco esixente en auga polo que se botaba en zonas secas, era utilizado tamén para limpar de grama

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==