Toponimia do Val do Fragoso

209 A Terra pio tritu do verbo terere , que tiña como significado ‘triturar’, representa a orixe do termo. En latín, ademais do de triticu , o trigo tiña outros nomes como os de frumentu , que deixou restos en italiano, francés e outras linguas, ou far (de onde procede fariña ). E dentro da península temos outra denominación para o trigo; o blat catalán (coincidente co francés blé ), que en lugar de ter orixe latina poderíaa ter céltica (Nava- za 2006: 545). O trigo foi o cereal máis consumido polo ser humano na civilización occidental dende a antigüidade, e hoxe continúa a ser o principal cereal producido a nivel mundial, seguido polo arroz. Topónimos relacionados con esta voz son tamén Trigás , Pantrigueira ou Catatrigo (de captat triticum , en referencia a un lugar dende o que se podían divisar campos de trigo). Tal como recolle Elixio Rivas (2001, en DdD s.v.) emprégase o subs- tantivo trigueira para nomear a terra onde se sementa e se dá o trigo. Como adxectivo, emprégase para nomear un tipo de herba ( herba tri- gueira ) considerada leiteira (proporcionada en verde ás vacas aumenta a súa produción de leite, ao igual que outras como o Plantago lanceo- lata ) se atendemos á deficición do dicionario de Marcial Valladares (1884, en DdD , s.v.). Parece corresponder ao Holcus mollis . Conxunto de terras que atopamos na man esquerda da rúa de Xeme, case dende o seu inicio, e que se estenden cara ao leste ata un peque- no valado que as separa das terras que dan contra a rúa de Eifonso. Ao norte testan cos Troncales, dos que a separa o rego que vai á Presa da Raposa. O rego que baixa dende A Presa da Fontiña á Presa de Xeme separa A Trigueira de Abaixo , á man dereita, contra Os Troncales, da Trigueira de Arriba , á man esquerda, contra Eifonso. Tanto estes topó- nimos como o do conxunto empréganse tamén en plural. Hai anos que estes terreos se venderon para ser urbanizados, pero na actualidade as terras permanecen a poulo conserva no seu interior uns prados e pe- quenas zonas húmidas moi interesantes dende un punto de vista ecoló- xico e paisaxístico. A Presa da Trigueira, eran en realidade dúas presas situadas na Trigueira, aínda que unha delas está xa tapada. Tamén rexistramos uns terreos A Trigueira dos que só sabemos que se atopan na zona da Fraga. No Catastro de Ensenada aparecen seis topónimos A Trigueira po- siblemente distribuídos en diferentes puntos da parroquia. No Libro de afanegados atopamos, de feito, un topónimo «A Trigueira» situado na Bouzafría, outro «Viña de Eifonso o Trigueira» e unha «A Trigueira o

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==