Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 208 topónimo, só se explica polo feito de terse perdido a noción do valor de su – como preposición e quizais terse interpretado como o posesivo súa . Toxal, O Palabra con valor colectivo, derivada co sufixo – al , correspondente ao latín – ale , de toxo , arbusto de gran importancia en todo o territorio galego. Á marxe dos seus usos como combustible ou como alimento para cabalos e para ovellas e cabras (os seus brotes máis tenros), o toxo é esencialmente a pedra angular do sistema agrario galego. Empregado xunto con uces e monte baixo en xeral como cama para o gando e, unha vez mesturado cos excrementos deste, convertido en abono de primeira calidade, foi durante séculos o garante da altísima produtivi- dade dos, polo xeral, pobres solos galegos. Mesmo a súa flor ten nome de seu; a chorima , derivado patrimonial de flor (lat. florima ) . Toxo é unha voz propia de Galicia e zonas limítrofes, onde atopa- mos as formas toxu ou toyu no asturiano, toyo no leonés ou tojo no portugués. Na maior parte do territorio de fala castelá esta planta é coñecida co nome, entre outros, de aulaga ou aliaga (nome compartido amais con algunhas plantas do xénero Genista ). É un termo probable- mente prerromano, procedente posiblemente dunha base * toiu . O Toxal son as coutadas situadas en Xestoso, máis arriba da do Gan- cho, por riba da Lagoa. Polo tanto, contra a estrada das Plantas uns poucos centos de metros máis adiante da rotonda de onde sae o desvío cara ao Rebullón. Non aparece ningún O Toxal como topónimo nin no Catastro de Ensenada nin no Libro de afanegados , aínda que aparecen numerosas propiedades en que esta era a cobertura vexetal dominante. Así, no Libro de afanegados rexístranse toxais no Sobreiro, no Castro, nas Paias, na Chirigota, na Revolta, no Penedo, na Parrocha, nas Ara- das, nas Campanas, na Camapaceira e un longo etcétera. Trigueira, A Derivado por sufixación de trigo , do latín triticu , vocábulo que dá nome ás gramíneas do xénero Triticum e tamén ao seu gran ( trigo ), em- pregado para alimentar o gando e para consumo humano, fundamen- talmente unha vez triturado, en forma de fariña. Precisamente o partici-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==