Toponimia do Val do Fragoso
19 A A u g a Bembrive conta cunha densa rede hidrolóxica, tanto subterránea como superficial, que fai que a auga sexa un elemento central e pre- sente na realidade da parroquia. Os cursos de auga xorden en nacentes e percorren o terreo como regueiros ou regueiras para converterse en ríos , cando xa adquiren un maior caudal. Malia que é certo que o xenérico rego tamén se emprega para referir, en ocasións, regueiros de certa entidade, estritamente é un termo que se reservaba para as conducións de auga feitas para regar as terras. E é que os cursos de auga foron intensivamente aproveitados de sempre pola poboación local, especialmente para este fin, tanto des- viando a auga directamente dende o río, como empregando presas me- diante as que regular a súa dispoñibilidade. Este uso competía nas épo- cas de verán co outro aproveitamento fundamental das regueiras máis importantes: o de facer andar os muíños. Nalgúns casos asociados a un destes muíños, ou maioritariamente a unha presa, aínda que tamén en solitario ou xunto a unha fonte, atopamos os lavadoiros, actualmente xa case en desuso. Mais tamén para o lavado do propio corpo era empregado o río, fun- damentalmente por rapaces e mozos, que aproveitaban os cachafon- dos 9 e peiraos para esta función. Espazos destinados tamén á diversión 9 Vacílase na fala de Bembrive entre cachafondo , cun /o/ pechado, e a forma xa completamente pechada cachafundo , que é a que recolle o Dicionario da Real Academia co significado de ‘poza que queda no leito dun río, arroio etc., ao desviar o seu curso ou secar’. A Auga 3
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==