Toponimia do Val do Fragoso

207 A Terra Montecastelo (no Penedo), O Souto é o terreo inculto, de certa exten- sión, que queda rodeado polo sur e o leste polo camiño, cando des- cribe unha forte curva a uns cincuenta metros do comezo da subida. No Lugar de Arriba (Xestoso) abrangue o topónimo a casa e terras, sen cultivar, no final do chamado camiño de Esparramán, uns cen metros antes de chegar á presa. O Camiño do Souto, subida da rúa da Chan ao lugar dos Portugueses, é un topónimo recente que esperta certa reticen- cia entre parte da veciñanza do lugar, que amosan a súa estrañeza ante a aparición dunha denominación da que descoñecían a motivación. Entendemos que, á hora de nomear o camiño no viario municipal, ante a ausencia dun nome anterior, optaríase por tomar o dunha propieda- de, O Souto, por debaixo da cal pasa no seu tramo inicial. O campo situado por riba deste camiño situado fronte á encrucillada que forman a costa das Cunchadas, o camiño da Bouzafría e a rúa do San Cibrán, tamén se coñece co nome de O Souto . Sualata Estamos ante un topónimo derivado de lata , do latín sub illa latta ‘debaixo da lata’. Trátase dun triángulo de terreo situado en Baruzáns e rodeado polo camiño do Toutizo ao norte e oeste e a estrada de Bem- brive ao leste. É unha propiedade con vivenda e terra de labor ao redor, que hoxe en día é coñecida como A da Chicha, pola súa propieta- ria, referíndonos o topónimo, tan só, da Sualata unha veciña do barrio de avanzada idade. No Catastro de Ensenada documéntase «Sualata» como propiedade de veciños e veciñas de Baruxáns. En canto ao seu significado pódese ver o topónimo 'A Lata' (pp. 188-189). Suaviña, A Do latín sub illa vinea ‘ baixo a viña ’ deriva o topónimo A Suaviña . Indo pola estrada de Bembrive cara a Beade, uns metros antes de che- gar ao punto onde parte o camiño da Raíña, temos á man dereita, máis de dous metros por debaixo do nivel da estrada, A Suaviña (Mourelle). Son varias propiedades, algunha cultivada con horta, viña e árbores froiteiras e outras a monte, ás que se debe acceder polas escaleiras que baixan dende a estrada. Régase coa auga procedente da Fonte da Raíña. A aparición do artigo que atopamos hoxe en día no inicio do

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==