Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 206 lla ou feito para almacenar a palla nel. A anteposición da preposición sub – ‘baixo’, que en galego orixinou as formas so – ou su – deu lugar ao topónimo Sospalleiros ‘baixo os palleiros’. Co tempo, ao facerse escuro o seu significado, dá lugar á forma Os Espalleiros , que agora atopamos tanto na fala como en textos de escrituras, posiblemente buscando a semellanza co vocábulo espalleres , termo vivo na fala empregado para referirse á armazón que sostén a viña cando non se forma parra e, por extensión, á propia viña así disposta. En San Paio coñécese con este nome o terreo nomeado tamén como (–>) O Estripeiro, que aparece nas escrituras de propiedade como Os Espalleiros, aínda que na fala se nomea maioritariamente Os Sospallei- ros. O emprego do artigo en plural pon de relevo tamén o descoñece- mento do significado do topónimo. Coñecido maioritariamente como Os Sospalleiros pero emprégase tamén a forma Os Espalleiros no San Cibrán. En todo caso, conside- rando a etimoloxía do topónimo e que nas fontes históricas aparece sen artigo ante a preposición, recoméndase o seu uso sen artigo. Te- rreos situados ao final do camiño de Sospalleiros (tomando o ramal esquerdo ao chegar á das Beninas), lindan ao oeste coas Teixugueiras, das que o separa un valado, e outro ao leste que marca a estrema coas Veigas do Muíño. Ao sur O Folón interponse entre eles e o río. O Ca- miño de Sospalleiros parte da rúa do San Cibrán, indo cara á capela á man dereita, máis adiante da subida para a Miragaia que continúa cara abaixo, ata chegar a unha casa antiga (A das Beninas). Dende alí, imos para a dereita ás Teixugueiras e cara á esquerda ás Veigas do muiño e ao Soeido. Xa aparece no Catastro de Ensenada a forma «Sospalleiros», ade- mais de «Os Palleiros» e «O Palleiro» e tamén «Suspalleiros», a outra posible realización da preposición sub –. Souto, O Do latín saltu . Un souto é un terreo poboado de castiñeiros. Souto é tamén apelido moi frecuente en Galicia , castelanizado en moitos casos como Soto . Se subimos, en Baruxáns, dende a estrada de Bembrive, no Lameiro, cara ás casas que quedan por debaixo co campo de fútbol do colexio
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==