Toponimia do Val do Fragoso
205 A Terra Sobreiro, O Sobreiro e Sobreira son algúns dos nomes comúns do Quercus su- ber , ademais dos de cortizo , corticeiro ou corticeira , como vimos nun- ha entrada anterior. Segundo Navaza (2006: 510), a forma en feminino é maioritaria fronte ao masculino e así o reflicte tamén a toponimia en canto aos nomes de núcleos de poboación, posto que no Nomenclátor de Galicia as entradas do feminino Sobreira duplican as do masculino Sobreiro . Procede do latín suber ‘cortiza, sobreira’. Consérvase a raíz latina nos cultismos do eido da botánica e a fisioloxía vexetal como suberina ‘substancia que procede da transformación da celulosa e for- ma a membrana das células que compoñen a cortiza’ ou suberización e algunha da lingua común como suberoso ‘da natureza da cortiza’. Antigo campo cultivado sobre todo con millo, agora cuberto de ma- leza, situado no estremo oeste da Amieira, na esquina entre a avenida de Madrid e a súa saída 666, que ocuparon parte da súa antiga exten- sión. Podería ser probablemente o que aparece no Libro de afanegados co nome de «Labradio do Sobreiro o Amieira». En Xestoso, O Sobreiro é o lugar onde están situadas as dúas casas que atopamos, subindo, na marxe dereita da rúa de Xestoso entre o camiño dos Freires de Arriba e o camiño das Aradas, así como o terreo que queda por detrás delas cara ao sur e polo lateral cara ao nacente. Os topónimos Sobreiro e Sobreira aparecen no Catastro de Ense- nada como dúas propiedades diferentes de Cathalina Gomez, veciña de Xestoso, aínda que na actualidade xa non rexistramos a forma en feminino. «O Sobreiro» (xa con artigo) aparece seis veces máis no ca- tastro, catro delas como propiedades de veciños de Xestoso e en dúas ocasións (unha delas como «Sobreiro de Arriba») como propiedades de Sebastián Abalde, veciño de Xesteira. Sospalleiros Palla é substantivo común galego, procedente do latín palea ‘palla’. É o nome que recibe a cana seca dos cereais unha vez separada do gran. A partir deste termo mediante o sufixo – eiro (do latín –ARIU) créase Palleiro, nome que se emprega para referirse ás moreas de palla ou de herba seca en forma de cono, que se fai na eira de tal xeito que non se molle coa chuvia, ou tamén a unha especie de alboio cuberto de pa-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==