Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 204 Grupo de vivendas e terreos á esquerda da Sudida á Mouteira, aproximadamente dende o número 23 ata o cruzamento coa Viña Grande. Salgueiro, A Coutada dos Do latín salicariu . É o nome común en galego de diferentes especies do xénero Salix . Son árbores propias de zonas húmidas. Coutada situada, ladeira arriba, por riba da Presa de Esparramán, antes de chegar á rotonda do Rebullón. Soaxeira, A Probable derivado de soaxe (lat. solagine , derivado de sol ) , nome común do Echium vulgare , planta coñecida tamén como herba viborei- ra . Rivas Quintas, (1978, en DdD , s.v.) recolle para a planta o nome de suexeira , empregado en Beluso. A Soaxeira son un conxunto de leiras, algunhas construídas, situa- das á dereita do chamado Camiño da Soaxeira , dende A Mouteira ata a curva, a partir de onde comeza A Fanada. Hai quen a considera parte do Monte Calvario. O mencionado camiño é a estrada que vai dende a subida á Mouteira á subida a Miraflores, pasando por riba da Soa- xeira no tramo inicial e entre O Pereiro e A Fanada no final. Asegura unha veciña, propietaria dunha leira na Soaxeira, que lembra ter visto, cando ía alí de pequena, nun terreo en Reiriz, unha nora tirada por un burro. Chama poderosisimamente a atención que se empregase unha nora nestas terras, en que a auga non é tan difícil de atopar como nou- tras zonas do centro ou sur da península, onde estamos máis afeitos a velas 64 . En todo caso, ningunha outra persoa da contorna lembra a súa existencia. A Presa da Soaxeira está na man esquerda do camiño da So- axeira, entrando dende a Mouteira. Na fala escóitase en todos os casos Suaxeira e non Soaxeira , con peche total do – o – inicial, e así aparece escrito nos rótulos viarios e na documentación antiga, pero a forma etimoloxicamente correcta, que ademais permite as dúas realizacións na fala é Soaxeira , con – o –. 64 Un exemplo de nora consérvase en Maceiras, Covelo, mais é unha nora hidráulica, asociada a unha serra: O Serradoiro dos Carranos.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==