Toponimia do Val do Fragoso
203 A Terra Lugar do barrio do Outeiro. Representa a aba oeste, que se prolon- ga ata o río polos Pelames, do outeiro que dá nome ao barrio onde se sitúan. Están aproximadamente circunvalados polo oeste pola estrada de Bembrive, ao sur pola Subida á Cruz, a rúa da Cruz por nacente e ao norte polo Camiño do Rapadouro (oficialmente, o nome aparece co plural secundario O Camiño dos Rapadouros ), que parte da estrada de Bembrive (uns metros antes, de chegar ao camiño dos Pelames, en dirección a Beade) ata o lugar do Outeiro. Divídense entre O Rapadou- ro de Arriba , que corresponde á zona máis próxima á Cruz, e ladeira abaixo O Rapadouro de Abaixo . Na actualidade están xa en parte ocu- pados pola construción de vivendas e aínda que cara ao suroeste queda un núcleo de vexetación arbórea, están fortemente deforestados. Pero hai non moitos anos e a pesar da súa pronunciada pendente, botábase alí centeo. Empréganse tamén en plural: Os Rapadouros . O Camiño do Rapadouro de Arriba son en realidade dous camiños paralelos, sen saída, que dan acceso ás casas do Rapadouro. Aparece o topónimo en máis de trinta ocasións no Catastro de En- senada , practicamente en todos os casos co artigo e en todos menos un en singular (O Rapadouro). Figura nunha ocasión coa descrición de «monte común». Rexístrase tamén profusamente «O Rapadouro» no Libro de afanegados e aparece nalgunha entrada como «O Rapadouro o Coba» e noutra como «Rapadouro o molino de Outeiro o Peirao», o que nos dá idea de cal era a súa extensión. No ano 1835 atopamos tamén unha referencia ao Rapadouro nun cobro de rendas 63 : «Santia- go de Bembrive. Manuela de Pousada, viuda, por arrendamiento del Rapadouro pagó cuarto medio ferrado de maiz del mismo S. Martin». Como vemos, a forma orixinal era singular, pero a día de hoxe xa só se rexistra o seu uso en plural, menos cando se establece a diferenza entre O Rapadouro de Arriba e de Abaixo. Salgueiral, O Do latín salicariale , un salgueiral é un ‘lugar poboado de salguei- ros’. 63 Extraído do documento, depositado no Arquivo do Museo de Pontevedra, en que Santiago Estévez, apoderado de D. Pedro Vázquez de Puga, daba contas das rendas cobradas no mes de San Martiño de 1835.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==