Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 202 O Ramallal son os campos situados por debaixo do Lavadouro e A Presa da Bouzafría, da que regan, e separados do río da Bouzafría polas Viñas Vellas. Ao sur, o camiño que baixa da presa sepáraos da Loureira, e ao norte outro pequeno valado dá paso aos Campos da Porta. Distín- guese dentro deles O Ramallal de Arriba e O Ramallal de Abaixo . Ade- mais de terras de labor, algunhas delas traballadas aínda hoxe en día, sobre todo para a obtención de forraxe que podemos ver empacado a finais do verán, O Ramallal era o lugar de paso da veciñanza do San Cibrán para ir aos muíños da Bouzafría e O Buraco. Así nolo contaba unha veciña: «íase polo Ramallal e as Viñas Vellas e cruzábase nun pe- nedo grande que levou a enchente. Era o Peirao». O mesmo camiño era empregado tamén para ir ás festas da veciña parroquia de Beade. Na actualidade, perdida posiblemente a noción de ramallal como colecti- vo, emprégase tamén o plural secundario Os Ramallales . «Ramallal» aparece no Catatro de Ensenada e o Libro de afanegados . Nese último caso xa figura con artigo e coa diferenciación entre «O Ramallal de Arriba» e «Ramallal de Abajo». No San Cibrán, Os Ramallos localízanse no lugar onde está asenta- da a capela dedicada a San Cibrán, coñecida tamén como Capela dos Ramallos, a carballeira do seu redor, onde se celebran as festas do San Cibrán e a da sidra, e que é coñecida tamén como A Carballeira dos Ramallos e A Fonte dos Ramallos (no inventario municipal aparece como A Fonte da Capela) fronte a elas. Se tomamos a rúa do San Cibrán para dirixirnos cara a Beade, veremos a capela á man dereita e a fonte á esquerda, logo de deixar atrás o núcleo de vivendas do San Cibrán e xusto cando nos comezamos a introducir no monte. É este un nome moderno, motivado quizais pola presenza da ramallada da carballeira, que está a substituír o nome tradicional da Capela do San Cibrán. Rapadouro, O O sufixo – ouro (– oiro noutras zonas de Galicia, fóra da área suroc- cidental) emprégase, unido ao verbo, para nomear os lugares onde se leva acabo a acción que ese verbo describe, polo que o rapadouro será o lugar onde se realiza a acción de rapar (cortar a rente). Segundo Na- vaza, que analiza no seu libro sobre a toponimia de Saiáns este nome presente tamén nesa parroquia costeira (2011: 181), faría referencia á corta e aproveitamento do monte baixo.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==