Toponimia do Val do Fragoso

201 A Terra rectangular cunha construción ao fondo e árbores froiteiras na cabecei- ra. Tamén en Xestoso localizamos Os Pumares , terreos cunha vivenda no estremo norte e outra en construción, situados entre o camiño do Paso que os rodea ao norte e ao leste, a rúa de Xestoso, ao oeste. Ao sur estreman coa leira ao pé da cal está O Lavadouro da Regada. Cabe pen- sar que, estando situado practicamente enfronte, e aínda que a mesma informante os mencionou xa por separado, O Pumar que mencionamos anteriormente, situado fronte ao lavadoiro, forme parte destes Pumares. No Catastro de Ensenada figuraban xa «O Pumar», «Os Pumares» e «Pumariños», en todos os casos con – u– e tamén un «Pumar do Galo» que xa non recollemos na actualidade, localizado posiblemente na zona de Mandín. Pumariños, Os O diminutivo, mediante o sufixo – iño de pumar é moi frecuen- te na toponimia, tanto a forma aberta Pomariño ( s ), como pechada Pumariños ( s ). Na nosa parroquia recollemos Os Pumariños, conxunto de máis dunha ducia de leiras, todas elas rectangulares e paralelas, con orien- tación norte–sur, situadas entre o río do Mosteiro que pasa polos pés, o camiño (terreño) dos Pumariños ao norte, Os Campos da Eira cos que estreman ao nacente e As Verdellas por poñente. Ramallal, O / Ramallos, Os Do latín ramus ‘póla’, o termo ramo adquiriu un valor colectivo, para designar, entre outras acepcións, un conxunto de ramas. Este va- lor colectivo leva a Navaza a considerar na súa Fitotoponimia (2006: 458), que o termo ramo podería facer alusión na toponimia a lugares frondosos, con moita ramaxe , ou aos que se ía recoller a derrama das árbores para aproveitala como leña. Como termos derivados temos por exemplo o diminutivo ramallo ou o colectivo ramallal , que segundo recolle Rivas (1988, en DdD s.v.) tería no Morrazo o significado de ‘en- ramada, floresta’ e que son as formas existentes en Bembrive. No caso de Ramallos poderiamos estar tamén ante o plural do apelido Ramallo, aínda que a súa presenza en Vigo é moi escasa (83 persoas segundo a Cartografía dos apelidos de Galicia).

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==