Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 200 Piñeirós Piñeirós procede do latín pinariolas . O sufixo – ola , que na evolución común do galego resulta en – oa , téndese a reducir a –ó na zona bra- carense, sobre todo no portugués e no galego tudense (– ola >–oa>–ó). No camiño da Capela, indo cara a Beade, á altura da entrada para o camiño do Campaneiro, temos á man dereita Piñeirós , terreo de monte onde destaca unha mancha de vexetación distinguible dende a distan- cia (por exemplo dende A Cruz), formada por unha ringleira de pláta- nos de sombra. Estas árbores ornamentais están plantadas por diante da caseta asociada ao depósito da antiga condución de augas de Bembrive a Vigo que se atopa neste lugar. No Catastro de Ensenada aparecen xa «Piñeiros» e «Piñeirós». Pomar, O / Pumar, O Pomar (ou pumar , por realización do o átono como u ) procede do latín tardío pomare , variante de pomale ‘verxel’ e ten o significado de ‘terreo ou horta plantada de árbores froiteiras, especialmente de macei- ras’. En latín, o termo pomu tiña o significado xenérico de ‘froita’, aínda que máis tarde este quedou restrinxido, na forma do plural poma , á denominación dunha especie concreta, a mazá. O Pomar é a leira situada por debaixo do núcleo de vivendas da Bouzafría. Subindo polo camiño da Bouzafría, antes da súa bifurcación (para A Chan ou O San Cibrán) temos á man dereita a entrada á segun- da casa das Pereiriñas, da cal parte un camiño de pés á man esquerda. Seguindo uns cincuenta metros, teremos O Pomar á man esquerda. No Pouso recollemos O Pumar, coutadas que se estenden a ambos lados do último tramo do camiño da Regueiriña, situadas entre a casa onde desemboca o camiño e A Presa da Regueiriña, chamada tamén Os Pumares ou Os Pumariños . A Presa do Pumar nomeada tamén O Pozo do Pumariño , xa que, de feito, máis que unha presa era realmente un pozo de reserva das augas que viñan da presa da Regueiriña e ían á da Veiga. Como se atopaba por riba das Leiras é coñecida tamén como A Presa das Leiras. Nesta había tamén unha fonte, A Fonte do Pumar, que non fomos quen de atopar. Xusto fronte ao Lavadouro da Regada (ao outro lado da estrada) temos O Río facendo esquina e pegado a el, cara ao norte, O Pumar , terreo
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==