Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 198 augas do regueiro das Bombas. Ao norte, pódese acceder a elas dende o camiño de pés que baixa dende o camiño da Cova ata o río. Á hora de indicar a súa localización, aínda que está situado do outro lado do río, considérase que O Muíño de Portela (de Beade) está nos Pereiros. Co topónimo en singular, O Pereiro , noméase o polígono de terras que queda entre o camiño da Soaxeira (ao sur) e o camiño das Cavadi- ñas, que delimitan toda a súa cara leste. Case no estremo norte temos A Presa do Pereiro (presa terreña, dende a que nos din que baixaba a auga para A Barxa, As Costeiras ou O Parrachón) e dende ela ata no- vamente o camiño da Soaxeira, pola banda de poñente, testan, separa- dos por un valado, co monte de Reiriz. Emprégase tamén o plural Os Pereiros. As leiras enclavadas nos Pereiros teñen a maioría o nome do Pereiro (cadansúa do seu propietario). Están algunhas delas cultivadas con millo e algunha horta preto da presa. Pinal, O É un colectivo formado a partir da forma pino mediante o sufixo – al . A forma correcta en galego sería piñeiral, piñal ou piñar . O propio cas- telanismo fai supoñer a súa relación con plantacións modernas. Cabe salientar como as formas que fan referencia á presenza dun conxunto de piñeiros como Pinal ou mesmo Piñeiros teñen unha aparición practi- camente testemuñal no Nomenclátor de Galicia fronte á forma singular Piñeiro , o que pon en evidencia que as masas desta árbore eran algo totalmente alleo á nosa paisaxe, onde como moito podía aparecer al- gunha árbore illada que se convertía, polo tanto, nun referente espacial que quedaba fixado como topónimo. Leiras situadas un pouco máis adiante da Casa do Balcón, que mar- ca a estrema coa parroquia de Sárdoma e pertencentes xa a ela. Testan ao leste coa estrada de Bembrive e ao sur co camiño do Lameiro. Piñeiro, O Do baixo latín pinariu , formado sobre o clásico pinu co sufixo – ariu . Nome empregado para designar diferentes especies do xénero Pinus . O Piñeiro é considerado en xeral unha especie alóctona en Galicia e sono sen dúbida especies como o Pinus nigra , Pinus radiata e as outras especies empregadas en plantacións forestais.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==