Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 18 Pero tendo en conta que non ofrece ningún dato máis ao respecto e mentres non teñamos probas da súa existencia, tamén é posible que fose unha especulación baseada na presenza do topónimo O Mosteiro, a existencia do cal podería ter outra explicación, que recollemos no texto. Precisamente neste barrio do Mosteiro é onde se asenta a igrexa parroquial, xoia do románico vigués adscrita ao século xii . A diferenza doutros topónimos galegos e casteláns que teñen a mesma orixe no latín B enevivere , o resultado do de Vigo presenta unha característica fonética particular: a consolidación da metátese da con- soante vibrante - r- , que se desprazou á sílaba anterior (- vibre / - brive ). É un fenómeno relativamente común en diferentes áreas do galego occi- dental e moi característico das falas do val de Fragoso ( craba por cabra , quirincosta por congostra , probe por pobre , Crasto por Castro ). Fotografías tomadas polo Seminario de Estudos Galegos na súa visita a Bembrive no ano 1929 para incluír a igrexa parroquial nas súas fichas de catalogación do patrimonio eclesiástico. Depositadas no Museo de Pontevedra, colección Filgueira 340-2.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==