Toponimia do Val do Fragoso
197 A Terra A Pereiriña no Carballal, no inicio do camiño de Cerdeiró, pasada a subida ás Cunchadas, a primeira casa á man dereita está no pequeno terreo coñecido con este nome. Nos Freires, A Pereiriña é un pequeno terreo particular situado na esquina suroeste do lugar da casa antiga, agora rehabilitada, que se atopa fronte ao Lavadouro dos Freires. A Pe- reiriña, na Bouzafría, abrangue dúas casas e a estrutura dunha terceira, situadas no camiño da Bouzafría fronte á Presa da Fonte do Seixo e o terreo que hai por debaixo delas, onde está A Pedra da Moura, e que se estende ata o camiño de terra que as bordea polo seu estremo noroeste e baixa ata A Ponte da Bouzafría. Ao sur testan co camiño que as se- para dos Campos da Porta. Pero esta división conceptual é recente xa que, aínda que na actualidade este terreo é coñecido por propietarios e veciñanza como unha entidade diferente, co nome de As Pereiriñas , figuran nas escrituras co nome de «Campos da Porta», polo que en rea- lidade forma parte deles, como as persoas de máis idade aínda teñen presente. No Catastro de Ensenada aparecen numerosas «Pereiriña». Pereiro, O A forma masculina é mais probable que non estea relacionada con pera , senón con pedra , aínda que en certos lugares emprégase o termo pero para referirse ás peras silvestres de pequeno tamaño ou a unha variedade de mazá alongada e de sabor agre, e dan o nome de pereiro á pereira que as produce. No Carballal, O Pereiro é un terreo con casa situado entre A das Perellas e o último núcleo de casas da rúa da Senra (chegando ás Cun- chadas) que dá, pola súa cara sur, ao camiño das Cunchadas. Ao norte, unha leira sepárao do Camiño do Pereiro , polo que se entende que tamén esta terá o mesmo nome. O citado camiño parte da rúa do Car- ballal e sobe á Chan para saír ao camiño da Xabalouca (rúa da Chan), Era o camiño que antigamente había para subir con carro e logo tractor ao Galleiro e á Chan. O conxunto de leiras situadas por debaixo das últimas casas da Cova, Mourelle, recibe o nome de Os Pereiros . Testan ao leste co va- lado que as separa destas casas e do Castañal. Ao sur e suroeste co río de Eifonso que continúa bordeándoas polo noroeste, logo de recibir as
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==