Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 196 curva, a de Regueiriños, onde o topónimo abrangue tamén a vivenda que dá ao camiño, por riba da que se atopa o valado que marca o seu límite leste. Ao sur atópase O Rial e ao oeste O Cocho Pasal. Na Regada, As Pereiras identifican leiras á man esquerda, subindo, do camiño da Regada, entre o camiño de Paio e A Ponte das Pereiras. A situada máis ou menos no centro do conxunto alberga unha vivenda no seu estremo sur, pero as restantes mantéñense como terras de labor aínda que maioritariamente non cultivadas. Testan ao oeste co camiño de Paio, ao norte coa das Pitisas e no estremo leste co río da Regada. O Cocho da Pereira é unha porción de terreo dentro das Pereiras, contra a estrada. O tramo do actual camiño da Regada que discorre por diante das Pereiras, aproximadamente entre o camiño de Paio e A Ponte das Pereiras denomínase O Camiño das Pereiras . Lembra unha veciña do Paso, de case noventa anos como, cando ela era pequena, a veciñanza do lugar se levantou contra o intento de «levar» a auga de Pontecela para Vigo, como xa se fixera coa auga dos nacentes do río de Eifonso. Ten especialmente presente a imaxe das veciñas e veciños armados con gadañas e forcadas subindo polo camiño das Pereriras para enfrontáren- se aos veciños que pretendían vender ese ben común e aos que viñan a apropiarse del. Neste caso o interese popular triunfou e a auga de Pon- tecela permaneceu na parroquia, onde era esencial para o rego de gran parte do seu territorio 62 . Tamén na Regada atopamos A Ponte das Perei- ras antigo pontillón, agora ponte de cemento e formigón, feito para que o camiño da Regada puidese atravesar o río da Candea (ou da Regada). Coñecida tamén como A Ponte da Regada ou A Ponte da Chan, aínda que a da Ponte das Pereiras é a denominación máis estendida. Os topónimos «As Pereiras» e «O Pereiro» aparecen xa profusamen- te no Catastro de Ensenada . Pereiriña, A Diminutivo de pereira mediante o sufixo –iña, do que atopamos va- rios lugares así designados na toponimia de Bembrive. 62 Entendemos que esta lembranza está relacionada co escrito remitido con data do 27 de xullo do ano 1929 co que 39 veciños de Bembrive, xunto ao mestre Francisco Estévez e o párroco Claudino Quintero Vilas, se dirixen ao concello de Vigo para amosar a súa oposición a que se desviara máis auga de Bembrive para Vigo. Documento depositado no arquivo do Concello de Vigo.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==