Toponimia do Val do Fragoso

195 A Terra rada ( pinna hederata ), no Veral (Lugo) ou Penedrada en Toén, Ourense. Do latín HEDERA, s on moitos os topónimos en Galicia relacionados co nome desta planta trepadora. Nalgúns deles mantense o grupo – dr –, como en Hedrada , Hedrosa, etc., pero noutros redúcese a – r – como Herada ou Herosa . Alternan tamén as formas con h – coas que presen- tan ausencia ( A Edrada , Vilalba), convivencia que xa se daba no latín, polo que a comisión de toponimia optou por deixar a grafía consolida- da nese caso, aínda que polo regular harmonizáronse con H –. A hedra ou edra coñécese tamén como areira 61 en Tui (recollido por Sarmiento, no Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de dife- rentes vegetables ) ou adreira en Sárdoma. A Peneirosa son as coutadas situadas no monte de Bembrive, na parte alta do camiño do Campaneiro, estremando con Beade, por riba de Piñeirós. Este topónimo aparece en numerosas ocasións no Catastro de Ensenada , en que atopamos tamén a forma «Pineirosa». Pereira, A A pereira ou pereiro ( Pyrus communis ) é a árbore que ten por froito a pera. Provén do latín piraria , plural de pirariu ‘horto de peros ou peras’ (lat. piru , pira ) . Pero un topónimo Pereira ou Pereiro podería proceder tamén de petraria ou petrariu , respectivamente, sendo unha forma equi- valente de Pedrerira ou Pedreiro (con redución do grupo – dr – a – r –) e que deriva, polo tanto, de petra ‘pedra’. Finalmente, a síncope da vogal pretónica dá lugar ás formas Preira e Preiro (por Pereira e Pereiro ) que escoitamos na fala. O topónimo Pereira ou Pereiro e ás súas formas en plural ou diminutivas son abondosas no territorio galego, e Bembrive é unha clara mostra. A Pereira é o terreo onde está a casa que atopamos uns metros á dereita, augas abaixo, do punto onde o río de Xalón chega ao camiño das Pedrás, por debaixo da Costeira. Na esquina noroeste deste terreo temos A Presa das Pereiras . En Mourelle, As Pereiras son un conxunto de terras de labor situadas á man dereita do camiño do Cocho, entre a, ao pouco do seu comezo curva , ao pouco do seu comezo (subindo dende Mourelle) e a seguinte 61 Lembramos que o topónimo A Areeira podería estar relacionado tamén con hedra (-> A Areeira).

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==