Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 194 desta mesma familia léxica conservan o – n – nesta zona (v. máis adiante Penceira ). A Presa de Peizás (Peizás) está situada por debaixo da unión das regueiras do Cea e do Martínez, que veñen do Rorigo. É coñecida tamén como A Presa dos Ameirales. Non aparece Peizás no Catastro de Ensenada , pero si «Painsas», nunha ocasión como monte, noutras como propiedades e en dous ca- sos como lugar de habitación, da veciña Ana De Puga e de Benito de Avalde. Case un século despois, no Libro de afanegados atopamos a forma máis etimolóxica «Painzás», que sabemos que se corresponde co mesmo lugar por aparecer nun caso a dobre denominación «A Puga o Painzás». Penceira, A Xorde a partir de painceira ‘terreo plantado de paínzo ou morea de palla dese cereal’, ao reducirse na sílaba trabada por consoante o di- tongo decrecente: Painceira > Penceira . Na fala realízase, por suposto, con seseo, A Penseira . É o lugar do barrio do Carballal nucleado ao redor da Fonte da Penceira, a cal atopamos á man esquerda do camiño de Cerdeiró a me- dio camiño entre o seu inicio e o camiño dos Carboeiros. Neste mesmo lugar está A Presa da Penceira, agora desaparecida. Era xa «A Painzeira» lugar de habitación no século xviii , cando re- sidían nel Isabel Abalde e Domingo Fernández. Alternaba a súa grafía coa forma «Painseira», que pasaría a ser exclusivamente «Painceira» no Libro de afanegados , onde aparece xa non só como topónimo, senón ta- mén como alcume do veciño de Cerdeiró «Juan Fernández Painceira». Peneirosa, A Formado por un primeiro elemento pena– do latín pinna ‘amea dunha muralla’ (aínda que hai quen a considera voz prerromana), que pasou a significar pedra , e un segundo elemento – eirosa máis problemático. Poderiamos pensar inicialmente nun derivado de – eira , pero a presen- za do sufixo – osa fainos desbotar esta hipótese. O segundo elemento –eirosa o máis probable é que faga referencia á hedra e esteamos ante unha Pena hedrosa (<lat. hederosa ), unha pedra cuberta de hedra ou adreiras , nome que se agocha tamén detrás de topónimos como Penai-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==