Toponimia do Val do Fragoso

193 A Terra Peizás Topónimo que procede de * paniciales ou paniceales , derivado do nome latino común do Panicum italicum ( Setaria italica, sin.) , en gale- go paínzo , cereal procedente de Asia onde é cultivado dende hai máis de seis milenios. O paínzo é parente moi próximo do millo tradicional ( Panicum miliaceum ) chamado máis tarde millo miúdo , unha vez que chegou ás nosas terras o millo americano ( Zea mays ), de gran moito máis grande. Isto leva en moitas ocasións a confusións entre ambas es- pecies (paínzo e millo miúdo). En todo caso, ambas tiveron unha gran- de importancia na alimentación en Galicia antes da chegada do millo americano, e na alimentación humana en xeral. De feito, o nome latino do xénero destas plantas (Panicum) aludiría ao seu valor alimenticio, pois é un adxectivo derivado de panis ‘pan’. A idea anterior é apuntada por Moralejo no seu estudo da toponimia derivada dos nomes de cereais (1977: 146) que inclúe o paínzo e onde conclúe ademais que a toponimia relacionada co nome deste gran é a máis numerosa e variada formalmente. Así, rexistra o termo Paínza , que podería remontarse ao plural latino ou colectivo latino vulgar panicia ‘panizos’. Paincegas , derivado de panicaecas . Painzal , Paizal , Peizal e os plurais Painzás , Peinzáis , Paizás e Peizás , todos eles con base en pani - ciale , derivado por medio do sufixo – ale . Por medio do sufixo – ariu /– a , xurdiu a base paniciaria , que derivou en Painceira e Painceiras , Paincei- ros e Peiceira . E co sufixo abundancial – osu /– a xurdiu Paizosa , a partir de paniciosa . Finalmente, están os casos de Pinza e Pinzás que proveñen respectivamente de formas anteriores como Painza e Painzás . Baixando dende a rúa de Xestoso polo chamado camiño dos Freires de Arriba e tomando o ramal que sae á man dereita, as leiras ás que chegamos (por debaixo das Aradas) son coñecidas como Peizás , así como as coutadas que teremos a continuación cara ao norte, do outro lado do rego que baixa do Rorigo. A estas coutadas accédese dende a estrada da Viña Grande, polo Camiño de Peizás (baixa dende a rúa da Viña Grande, uns douscentos metros máis arriba de Miraflores, cara á Puga). A partir da metade do camiño, baixando, terémolas á man esquerda. Na fala realízase maioritariamente como Peisás , mentres nas escrituras as coutadas aparecen, cando menos nalgúns casos como «Painzás». En zonas de seseo é normal que o grupo – ns – nesta posición se reduza a – s – se o topónimo é moi antigo, pero outros topónimos

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==