Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 192 significado orixinal de cercado ou cuberto , emparentado co latín me- dieval parricus ‘graneiro, cercado’ de orixe tamén incerta, quizais pre- rromana. Parrovella semella o nome parra seguido do adxectivo vella . A alteración da vogal átona – a en – o explícase por labialización ante a consoante b – (aquí grafada v –), como ocorre en lovada . Trátase do gran polígono de terras pertencentes ao Carballal, situa- das por debaixo do camiño da Bouzafría, dende Cerdeiró ata o camiño que as separa da Pereiriña, camiño que baixa á ponte da Bouzafría e aos muíños da Bouzafría e O Buraco. É un camiño de carro, que continuaba logo entre o río e as coutadas ata A Loureira, ou ben, logo de cruzar o río, seguía por debaixo da Ferrolana ata o que agora é o pavillón de deportes de Bembrive, na Devesa do Rei. Dentro da Pa- rrovella temos, entre outras, A Parrovella do Cuco , lugar que ocupa a casa situada uns sesenta metros máis arriba do Lavadouro de Cerdeiró, A Parrovella do Lindrín , A Parrovella Longa ou A Parrovella Pequena , estas tres leiras situadas ao oeste da Parrovella. Por debaixo delas, unha forte pendente arborada dá paso aos seus pés ao río da Bouzafría ou río da Pedrosa (río de Eifonso). O feito de existir varias leiras dentro dela, fai, como noutros casos, que se empregue habitualmente o plural As Parrovellas . No Catastro de Ensenada aparece como «Parrevella» e só nunha ocasión como «Parrovella». En Cerdeiró–A Bouzafría localizamos dúas presas que levan este nome, son As Presas da Parrovella: A Presa da Parrovella de Arriba , na marxe dereita, baixando, do camiño da Bouzafría, uns cen metros máis abaixo do desvío que enlaza coa costa das Cunchadas e acaba saíndo á rúa da Chan. É a que se conservaba en mellor estado. Este é o nome co que figura nas escrituras, porén, hai quen a coñece como A Presa da Fonte do Seixo (–> seixo). A outra, A Presa da Parrovella de Abaixo, está uns oitenta metros máis abaixo, á man esquerda, na esquina da estrada co camiño que baixa aos muíños. No verán de 2012 estaba tapada, pero foi aberta posteriormente con maquinaria. Tamén nesta zona documentamos Os Cochos da Parrovella, que en realidade son unha única leira ou dúas consecutivas, chamada así por estar fron- te á Parrovella. Atopámola subindo polo camiño da Bouzafría á man esquerda, uns cen metros máis arriba da baixada aos Carboeiros, xusto ao pasar o núcleo de casas de Cerdeiró. Estrema ao leste coa casa que dá á costa das Cunchadas.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==