Toponimia do Val do Fragoso
191 A Terra anos cincuenta do século pasado. Cando se foi construír o muro actual, apareceu dentro del un Sagrado Corazón de madeira sen brazos nin pés. Como non se podía empregar, a veciñanza, unha vez que decidiu dedicar a esta devoción a festa da Parrocha 60 , foi buscar ao Calvario, á casa das de Garrido (veciña de Sárdoma e devota do Sagrado Corazón) unha nova figura que ela cedeu en bo estado. Posteriormente, cando perdeu a pintura foi substituída pola actual, mercada en Portugal. No que se refire ao topónimo, na entrada onde tratamos O Castelo incluímos o fragmento dun testamento de 1635 onde figura xa o «Lugar da Parrocha». No ano 1752 era un dos oito núcleos de poboación máis importantes da parroquia, e contaba con dez casas de familia, ademais de existir numerosas propiedades, un total de vinte, con este nome. En 1846, no Libro de afanegados figuran tamén moitas terras co topónimo A Parrocha , gran parte delas de monte. Neste último documento apare- cen rexistros como «Seidones en la Parrocha», «tojal da Rebolta en la Parrocha» ou «Parrocha o Mouteira», que nos indican a extensión que abranguía o topónimo. Popularmente explícase a orixe do topónimo a partir do significado do vocábulo parrocha como sardiña pequena. Así, dise que as peixei- ras viñan da ribeira co peixe miúdo e ao chegar á Praza da Parrocha comezaban a berrar «parrocha, parrocha» para anunciar a súa mercan- cía e atraer a veciñanza, quedándolle así o nome ao lugar. Debe ser, en todo caso, unha invención recente, posto que a denominación de pa- rrocha para o peixe non é propia desta zona, xa que aquí son xoubas. Chámanlles parrochas nas Rías Altas (a partir de Fisterra) e na Mariña. Parrovella A parra é a vide levantada artificialmente cunha estrutura que a mantén coas pólas estendidas en horizontal a certa altura do chan. A etimoloxía do termo non está clara e podería estar relacionada cun 60 Tal como lembra un veciño do lugar, as primeiras festas da Parrocha chamáronse da Vaca Leiteira e fixéronse diante dunha casa situada na subida á Parrocha. O motivo foi que unha muller que foi traballar, e vivir, a esa casa, lle levou ao chegar unha vaca ao dono. Logo, pasou a adicarse a festa á Virxe do Carme. Íase buscar a virxe á igrexa e levábase de volta unha vez rematada a festa, con todos os homes vestidos de mariñeiros, ata que, finalmente, decidiron, por maior comidade, dedicala ao Sagrado Corazón.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==