Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 190 O Parrachón Parrocha, A Parrocha , ademais de ser o nome da xouba nas costas do norte, ten a dobre acepción de ‘videira; cepa silvestre’, recollida por Sobreira Salgado, e ‘casoupa feita para gardar ferramentas ou protexerse das inclemencias do tempo cando as terras de labor estaban lonxe da casa’ (Franco Grande, X. L.: 1972, en DdD , s.v.). En relación coa primeira acepción, Navaza apela para reforzala (2006: 399) ao asturiano, lingua que conta co termo parrucha , co significado de ‘terreno poblado de parres’. Lugar do barrio de Segade situado no seu extremo noroeste, testan- do coa parroquia de Lavadores. Considérase o seu núcleo central a pequena praciña (a praza da Parrocha) onde se cruzan a rúa da Parro- cha e a baixada ao Castelo, onde se celebran as súas sonadas festas. Esténdese cara ao sur ata unirse ao lugar de Recaré e cara ao leste ata o Areeiro. Na praza da Parrocha atópase, integrado do muro dunha pro- piedade, un devocionario do Sagrado Corazón de Xesús, que data dos

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==