Toponimia do Val do Fragoso
189 A Terra ba que se sementaba entre o millo, unha vez que este xa medrara, se botaban tamén nabizas. Deste xeito, comprobamos que en Bembrive o vocábulo mantiña o seu significado orixinal referente á planta do nabo, posto que, como sabemos, as nabizas son as súas follas tenras. Nogueira, A Do latín vulgar nucaria , é a Juglans regia , árbore cultivada pola súa madeira e os seus froitos, as noces. Terreo de labor situado no extremo oeste dos Troncales. Se ao che- gar ao Cristo do Cacheno, vindo dende Moledo, collemos o camiño que temos xusto enfronte, entre dúas casas, temos á dereita O Rial e á esquerda, logo de pasadas as casas, e un pouco cara a arriba, A No- gueira. Coa forma en plural, As Nogueiras, no Carballal noméase un terreo actualmente a monte situado fronte ao último núcleo de casas da rúa da Senra anterior ás Cunchadas. Propiedades co nome de «A Nogueira» e «As Nogueiras» aparecen case nunha ducia de ocasións no Catastro de Ensenada en que, figura tamén un «Campo do Nogal», topónimo menos habitual e que xa non chegamos a recoller en Bembrive, aínda que podería tratarse quizais dunha tradución dun Campo da Nogueira . Parrachón, O Parrachón é un derivado de parrocha e explicamos o paso de –o– a –a– por unha simple disimilación vocálica (a vogal pretónica abre para diferenciarse da tónica). Localízase este lugar ao final da recta do cha- mado Camiño Espedrás , entrando dende Novelos, atopamos O Rego de Pontecela e á súa esquerda, que vén sendo a beira dereita do rego, de fronte, augas arriba, O Parrachón , aínda que hai quen inclúe tamén na área de influencia do topónimo a beira dereita. Aínda que tamén recollemos a forma Parachón , Parrachón é a dominante, e así aparecía xa no Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados .
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==