Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 188 do quizais, e isto é unha especulación, pola presenza de maceiras de froito acaído para consumir asadas no forno. Tamén podería deberse á presenza dunha pedra que parecía unha maseira (unha pía) e cando se perdeu a conciencia dese significado pasaron a asociala a un forno. O que si aparece no Catastro de Ensenada é o nome do veciño dos Chans «Juan de Mazeira», polo que, quen sabe, se este apelido toponímico foi quizais a orixe do noso, acrecentado posteriormente co adxectivo Forneira , unha vez que se perdeu a noción da súa orixe. A leira do Muíño Vello aos pés da que está aproximadamente O Cachafondo do Xan Ribeiro recibe o nome de O Campo das Maceiras. É un topónimo creado pola xeración actual de propietarias que, des- coñecendo xa o nome orixinal do lugar, empregan esta denominación para referirse a esta propiedade onde teñen maceiras. É, polo tanto, un exemplo de creación de nova toponimia que suplanta a anterior, un proceso que se deu sempre ao longo do tempo e que explica, por exemplo, a superposición entre os topónimos O Cortiñelo e O Ameal que temos no Outeiro. Nabal Vello, O Derivado do latín napu ‘nabo; Brassica napus ’ co sufixo correspon- dente a – ale . Un nabal era en orixe unha plantación de nabos, mais este significado orixinario alterouse nalgúns lugares nun máis xenérico de ‘leira dedicada a cultivo de hortalizas en xeral’ (Constantino García González: 1985, en DdD , s.v.). Pertence ao Nabal Vello o chalé situado na curva anterior á Xabreira da Pascua, subindo polo camiño do Pouso e a partir de aí esténdese cara ao sur e leste polos campos, ata abranguer o par de casas que quedan por riba da Xabreira, posto que este é o nome que ten unha delas nas escrituras. Aínda que o cualificativo vello leva a pensar que existiron máis nabales posteriores na contorna dos que se buscaba di- ferencialo, non quedaron fixados na toponimia. Pero incluso nos docu- mentos antigos, a única referencia que atopamos é un «Nabal Viejo» no Libro de afanegados , propiedade dun veciño da Regada, polo que probablemente se trate do mesmo ao que nos estamos a referir. Só nunha ocasión escoitamos o termo nabal empregado como ape- lativo nas conversas mantidas en Bembrive, en concreto na frase «coa herba botábase tamén nabal», facendo referencia a que xunto coa her-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==