Toponimia do Val do Fragoso
17 A x e o g r a f í a d a p a r r o q u i a tición da parroquia para formar unha entidade local menor, categoría que non estaba recoñecida naquel momento polo Estatuto municipal do concello. No ano 1941 consúmase a anexión do Concello de Lavadores ao de Vigo e Bembrive pasa, polo tanto, a formar parte deste. Finalmente, o 12 de xuño de 1945, outórgaselle a categoría de Entidade Local Menor. Deste xeito, a Entidade pasa a xestionar o patrimonio propio consti- tuído polos montes de «San Cibrán, Aradas e outros». Dende entón funciona ininterrompidamente como tal, e ten a súa sede institucional no barrio do Mosteiro, no local que anteriormente pertencencera, ata o ano 1936, á Sociedad de Agricultores de Bembrive . Atendendo á toponimia, Bembrive procede do latín bene vivere ‘bo vivir’, ao igual que os topónimos Bembibre que atopamos nas parro- quias de Bembibre (Santo André) en Viana do Bolo, Ourense; Bembibre (San Pedro) en Taboada, Lugo; Bembibre (San Salvador) en Val do Du- bra, A Coruña; e o municipio leonés de Bembibre, no Bierzo. É o que se entende como un topónimo propiciatorio, que indica calidades po- sitivas do lugar ao que se lle aplica, calidades que o fan especialmente favorable para ser habitado. A propia forma do topónimo Bembrive supón unha orixe moi antiga, xa que o infinitivo do verbo vivere mantén o acento na sílaba onde o tiña en latín (e non *Benvivir ou *Benviver). Documéntase dende hai máis de mil anos: «et in Turonio villa Benevi- vere dicta etiam et Parata in ripa de Minor» ( CODOLGA , 915); «totum regalengum et infantaticum de cauto vestro de Benevivere» ( CODOL- GA , 1142); «ipso regalengo quod habeo in Bene vivere in terra de Fra- goso» ( CODOLGA , 1169); «eclesia sancti Jacobi de Bene vivere cum XVII casalibus» ( CODOLGA , 1169); «cautos vestros de Bene vivere et de Biady in terra de Fragoso» ( CODOLGA , 1179). É posible que esta bondade do terreo, que se plasmaría, cabe pen- sar, nunha boa produción agrícola, favorecese o asentamento do antigo mosteiro do que se fai eco Ávila y La Cueva no seu libro Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tuy y su obispado : Despues se dijo Bembrive, como hoy, con cuyo título de Benevivere hay mu- chos pueblos en Galicia y Castilla que los discretos latinos de los siglos medios (...) dedujeron de bene viver que solo en uno de estos puntos (añade) hubo un Monasterio: mas este Autor [José Verea y Aguiar] no se enteró que tambien en el nuestro de que hablamos huvo otro.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==