Toponimia do Val do Fragoso
187 A Terra Loureiro, O Do latín lauru derivou laurariu en latín vulgar e finalmente o galego loureiro para designar o Laurus nobilis , árbore ou arbusto orixinario da zona mediterránea pero amplamente estendido. Destaca o emprego das súas follas como condimento culinario. Non podemos esquecer que Loureiro é tamén un apelido relativamente común en Galicia, aín- da que en Vigo non é moi frecuente, si o é no val Miñor. Seguramente sexa orixinario do lugar homónimo da parroquia de Vincios. É a zona do barrio de Segade que se estende dende O Lavadouro de Segade ata o colexio Rosalía de Castro, ao longo do Camiño do Lou- reiro . Na toponimia oficial aparece sen a preposición e o artigo, que forman parte da forma correcta do topónimo. No Catastro de Ensenada aparece xa o topónimo «O Loureiro» e «Cocho do Loureiro», aínda que descoñecemos se coincide co actual. O mencionado camiño, con ca- tegoría xa de estrada na actualidade, vai dende a rotonda existente un pouco máis arriba do Lavadouro de Segade ata o mencionado colexio. Na toponimia oficial (Camiño Loureiro) aparece sen a preposición e o artigo, que forman parte da forma correcta do topónimo. Maceira Forneira, A Maceira é o nome común empregado en Bembrive para referirse á árbore ( Malus domestica ) que ten por froito a mazá. Outras denomina- cións existentes en Galicia son maciñeira , macira ou mazaira . En zonas de seseo, un topónimo Maseira resulta problemático, posto que podería estar relacionado co apelativo maseira ‘pía de pedra ou madeira onde se lle bota de comer ao gando, en particular aos porcos’ ou ‘recipiente grande de madeira, que pode ter catro patas e tampa, onde se amasa o pan, se garda a comida etc.’, ou ser realmente o topónimo Maceira . Neste caso sería o resultado de mattianaria , derivado do latín vulgar mat ( t ) iana , nome que se lle deu ao froito coñecido a partir dese momen- to como mazá por ser matius o nome de quen difundiu, segundo Plinio, o seu cultivo (Navaza, 2006: 340). A Maceira Forneira abrangue un terreo situado no lugar dos Portu- gueses, nos Chans, ao final do camiño do Souto, logo de pasar O Cam- po das Cebolas. É probablemente un topónimo de recente creación, posto que non existen referencias a el nos documentos antigos, motiva-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==