Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 186 cultivada nas Rías Baixas e unha uva branca, dourada, común no Ri- beiro, así como do viño que se fai con elas. Como dixemos no caso das Verdellas e a Garnacha, non é raro que algunhas viñas se denominasen pola variedade de uva cultivada. Con todo, non podemos esquecer que loureira podería ter un valor adxectivo e facer referencia á presenza de loureiros ( Fonte Loureira = ‘Fonte do Loureiro’) ou que como corre noutros casos como A Amieira , A Salgueira etc. teña un valor colectivo e indique a abundancia deste arbusto. Esta é, quizais, a hipótese máis probable para a orixe do topónimo neste caso. En todo caso, o topó- nimo Loureira podería ser tamén un adxectivo derivado do nome dun propietario apelidado Loureiro. Antigas terras de labor agora, agás algunha leira aínda traballada, maioritariamente a poulo. Baixando pola (–>) Quiringosta dende a rúa do San Cibrán, a uns cento vinte metros, onde a pista asfaltada rema- ta nunha vivenda, comeza cara a abaixo, á man dereita, A Loureira. Primeiro A Loureira de Arriba e, por debaixo dela, ata chegar ao río, A Loureira de Abaixo (tanto nestes casos como no do conxunto adoi- ta empregarse o plural secundario As Loureiras ). Existe entre elas un pequeno camiño de pés. No Catastro de Ensenada non aparece este topónimo, pero si «Fonte Loureira» 59 , ligado sempre a propiedades no San Cibrán ou no Carballal. No Libro de afanegados aparece xa «A Loureira», «A Loureira de Abajo» e tamén «Cocho da Fonte Loureira» e o «Cocho da Loureira o Fonte». Na actualidade, coñécese o terreo si- tuado por riba das Loureiras como A Fonte, por debaixo da cal hai dous Cochos (O Cocho Regueiro e O Cocho das Tres Esquinas) e estrema tamén coa Loureira, no lugar onde se atopa o Lavadouro da Bouzafría, alimentado pola auga dunha fonte. Por todo isto, é posible que esa an- tiga «Fonte Loureira» se corresponda coa zona ocupada na actualidade polas Loureiras e A Fonte. O Camiño da Loureira, estreito e encaixado, é unha prolongación da Quiringosta, que entre A Loureira de Arriba e As Teixugueiras baixa á Loureira de Abaixo. Toda a súa marxe esquerda está chea de loureiros, que reapareceron unha vez que se deixaron de traballar os campos, posto que antigamente, coas leiras aproveitadas ata o extremo e os valados limpos, non había rastro deles. 59 E tamén Fonte Loureiro, o que, de ser o mesmo lugar, reforzaría a hipótese do valor adxectivo de Loureira .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==