Toponimia do Val do Fragoso

185 A Terra ve sementouse moito liño, posto que temos referencias de veciñas e veciños que lembran a súa presenza nos Sorregos de Mourelle, nas Figueiras dos Freires, no Penedo do lugar do Cea, na rúa de Xestoso e nos Lagos da Pexega; na Lagoa por riba de Regueiriños, no Muíño de Paio, na Regada das Pedras, nos Casaldares e no Pumar, na Fraga ou no Ripanso. Unha vez recollido, hai algunha persoa de avanzada idade que lem- bra como se ripaba , e logo de posto en remollo mallábase, mazaba e espadelaba (tarefa que facían as mulleres, indo unhas á casa das outras) e escarpeábase para logo fialo. Sabemos que fiadas tamén houbo en Bembrive, grazas ás historias que lles contaban as avoas ás netas e ne- tos que hoxe en día teñen máis de oitenta anos. Un dos emprazamentos destas fiadas era o lugar dos Xusticias, no San Cibrán, entre a baixada da Bouzafría e a da Loureira, onde «facían festa a tecer de noite», tal como lembra unha informante. Agora ben, curiosamente, a única pegada que deixou o liño na to- ponimia foi a dos numerosos topónimos O Lago existentes na parro- quia, procedentes dos lagos ou pozas necesarios para o seu procesado, ou o devandito Ripanso , ademais da Casa do Liño . Con este nome coñécese o alboio pertencente a unha casa antiga situada na man de- reita da rúa de Segade, fronte ao Lago, onde a súa propietaria, de máis de noventa anos, lembra que se mallaba e se ripaba o liño. Tamén lle chamaban Os Mazadouros, en alusión, entendemos, ao mazado da planta. Agora o lugar é coñecido como A do Caraxo. No Catastro de Ensenada si que aparecía outro topónimo relacionado co liño: «Li- ñeiros», nome dun terreo propiedade de Francisco Antonio Costas, veciño do San Cibrán, e tamén no Libro de afanegados , en que figura «Casas Vellas o Liñares». Loureira, A A loureira é unha especie relativamente fácil de confundir co lourei- ro pola similitude das súas follas. É o Prunus laurocerasus , pertencente ao mesmo xénero que as ameixas ( Prunus domestica ) ou o melocotón ( Prunus persica ), de froito comestible (chamado lorbaga , do latín lauri baca ‘baga do loureiro’), similar a unha cereixa pero de cor negra e dis- posta en acios, pero carabuña tóxica. Recibe tamén o nome de loureiro real . Loureira ou loureiro é tamén o nome dunha variedade de uva tinta

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==