Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 184 Lata, A Malia que o de ‘folla de ferro cuberta dunha capa de estaño’ ou ‘pequeno recipente feito con este material’ son os significados máis coñecidos na actualidade, o vocábulo lata ten moitos outros recollidos no propio dicionario da Real Academia Galega , entre eles o de ‘pau longo’, ‘cada un dos paus longos que suxeitan a palla ou a herba nun palleiro’ ou ‘estrutura que sostén unha parra’, que serían os que presu- miblemente deixaron a súa pegada na toponimia. Unha lata é tamén no portugués de Trás–os–Montes un pequeno terreo de cultivo longo e estreito, acepción que tamén se atopa na toponimia galega e que é a que explica topónimos como o nome da aldea chamada A Latiza , en Rodeiro. Procede do latín vulgar latta ‘vara, pau longo’. En Paio sitúase na marxe esquerda do río do Xalón, entre o río e o camiño do mesmo nome, xusto por riba do punto onde ambos se cru- zan. Se entramos polo camiño de Xalón, quédanos á man esquerda ao xirar o camiño, logo de pasar a única casa, sen rematar, que atopamos de fronte. Marca a transición entre As Veigas e a zona de moi fortes pendentes que é O Laranxeiro. Na actualidade é terreo na súa maioría a monte, no interior do cal se pode atopar algún campo de millo, aínda que ata hai pouco eran viñas. Emprégase tamén o plural As Latas . Na Regada, A Lata é un terreo anteriormente de labradío en secaño, que na actualidade alberga unha vivenda. Subindo da ponte das Perei- ras ao lavadouro da Regada (Xestoso), témola á man esquerda (terreo con casa), testando co camiño da Regada, ao outro lado do cal temos xa o estremo norte do Crasto de Xestoso. Aparecen os topónimos «A Lata» e «Latagrande» como propiedade de veciños e veciñas de Baruxáns no Catastro de Ensenada , así como «A Lata» ligado a veciños da Regada e un «Cocho da Lata do Medio» propiedade dun veciño dos Chans. Liño, A Casa do O liño é unha herbácea da familia das lináceas, de fermosas flores azuis, cultivada polo aproveitamento téxtil das fibras obtidas do seu talo, pero tamén polo contido oleoso das súas sementes. Estas semen- tes, coñecidas como liñaza , eran empregadas tamén con fins medici- nais, aplicándoa en cataplasmas para curar a pulmonía. En Bembri-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==