Toponimia do Val do Fragoso
183 A Terra e laranja respectivamente, e de aí as formas derivadas no galego la- ranxeira e laranxeiro . Non obstante, poderiamos estar ante un topó- nimo que nada ten que ver coa froita. Navaza (2007: 107) fai refe- rencia a diferentes topónimos existentes en Galicia relacionados coa raíz prerromana nar –, que ten valor hidronímico, e que podería estar detrás dun topónimo como O Naranxo , ao igual que o está en Narón ou Neira ou no Naranco asturiano. Co tempo, ao facerse escuro o seu significado inicial, o topónimo O Naranxeiro puido acabar modificán- dose en O Laranxeiro para axustalo á denominación habitual dunha realidade coñecida. Tomando o camiño do Xalón dende os Freires, uns 130 metros máis adiante, temos o segundo camiño que atopamos á man dere- ita e que marca a estrema entre As Viñas e O Laranxeiro, que se estende cara ao sur, por onde, máis adiante, baixa o río do Xalón. Ao oeste, é dicir, cara abaixo, O Laranxeiro testa coas Costas, límite que se aprecia claramente polo inicio da forte pendente. Figura nas escrituras de propiedade como labradío, aínda que na actualidade só algunhas das leiras están dedicadas á viña e outras sen cultivar. O feito de atoparse preto dun curso de auga inclínanos a pensar máis na raíz hidronímica do topónimo que na fitotoponímica. As Escaleiras do Naranxo son cinco ou seis pasos de escaleira que soben do La- ranxeiro ao Xalón, aproximadamente no punto onde, ao outro lado do camiño, estreman O Laranxeiro e As Viñas. Destaca a dualidade O Naranxo (referido ás escaleiras) vs. O Laranxeiro (nome do terreo onde se atopan), recollida á mesma informante, o que pon de ma- nifesto unha vez máis a imposibilidade de inclinarnos por unha ou outra orixe do topónimo. No San Cibrán documentamos O Laranxo: coutada no Monte do San Cibrán que queda no alto á man esquerda dirixíndonos cara a Beade, unha vez que pasamos a coñecida como Fonte da Capela. E O Naranxo, baixando polo camiño de Sospalleiros, tomando cara á esquerda alí onde se bifurca, é o lugar onde na actualidade atopamos unha casa con horta e froiteiras. No Catastro de Ensenada aparecen as formas «O Naranxeiro», propiedade dunha veciña de Paio, «O Naranjo» e «El Naranjo» pero tamén «Laranjo» e «El Laranjeiro» e «El Naranjal».
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==