Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 182 Garambelos Topónimo escuro. Podería equivaler ao topónimo Garabelos recolli- do por Nicandro Ares (2013: vol. II, 797) na toponimia de Monterroso e que considera da familia de garabullo . Tamén podería ser unha variante de carambelos ‘xeo que queda colgando nalgún sitio ao conxelarse a auga que cae ou ‘capa de xeo que se forma sobre unha superficie líquida cando vai moito frío’ ( cf. a mesma variabilidade en garabullo/ carabullo), se é que se trata dun lugar frío. En Segade, Gharambelos , na pronuncia, é o lugar onde está a pri- meira casa que temos á man esquerda do ramal sen saída da rúa de Recaré, fronte á Fonte de Recaré. Esténdese cara ao sur ata a avenida de Madrid, testando co Lagares. Aínda que etimoloxicamente é un termo moi antigo, de orixe prerromana, parece ser que o seu emprego como localizador na parroquia podería ser recente, xa que non aparece nin- gún topónimo Garambelos nin ningunha forma similar nin no Catastro de Ensenada nin no Libro de afanegados . Garnacha, A A garnacha é unha variedade de uva tinta (aínda que existe tamén unha variedade de garnacha branca, posible mutación a partir desta) e tamén o nome que recibe o viño elaborado con ela. Pódese entender que o nome da uva se estendeu ao propio lugar onde era cultivada e acabou fixado como topónimo. É un vocábulo que procede do italia- no vernaccia , probablemente, segundo Corominas, do nome da vila de Vernazza, situada na comarca de Liguria, famosa polos seus viños (1980–1992, vol. III: 101). Delimita este topónimo o polígono de leiras que se estenden dende A Fonte de Novelos cara ao sur, ata O Parrachón. Non aparece citada na documentación antiga. Laranxeiro, O É o masculino correspondente a laranxeira , voz de orixe árabe que designa ao Citrus aurantium . O n– inicial do termo árabe naránga , do persa nárag , disimilou nun l– no galego e no portugués, dando laranxa

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==