Toponimia do Val do Fragoso
181 A Terra Garabulla, A Garabullo e carabullo son palabras de orixe prerromana relaciona- das con * carba – ‘ramallada’ que teñen o significado de ‘pau pequeno e delgado empregado normalmente para acender o lume’, polo que un lugar así chamado debeu ser aquel onde era habitual ir buscalos, ou onde se atopaban os de mellor calidade. A Garabulla correspóndese na actualidade co cemiterio da parro- quia e coa zona arredor do camiño que lle dá acceso, posto que os terreos que se cederon para construílo figuraban con ese nome nas escrituras. Parte do cruzamento entre o camiño de Novelos e a rúa do Monte Calvario cara ao oeste, ata o cemiterio, chámase O Camiño da Garabulla, coñecido tamén como O Camiño das Ferreiras. Lembra unha veciña do lugar de avanzada idade como na Garabulla, no ca- miño que arrodeaba o cemiterio pola parte de abaixo (un camiño de carro, con viñas), apareceron tirados os corpos de paseados despois do levantamento do trinta e seis 58 . As nenas e nenos da contorna colleron tanto medo a pasar por alí para ir á escola, que os mestres presentaron unha queixa ao respecto. Di que a partir de entón «leváronos a matar a Vincios». Dise que o topónimo A Garabulla procede do alcume dunha muller que vivía neste lugar cando se construíu o cemiterio. Pero o topónimo «A Garabulla» aparece xa no Catastro de Ensenada , polo que o proceso foi o contrario; existía previamente o topónimo que pasou a ser alcu- me da muller que vivía alí. No Libro de afanegados aparece en moitas ocasións como «Garabulla o Ferreira», posto que se atopa dentro do lugar da Ferreira, no seu estremo nordeste. Naqueles tempos era unha devesa. 58 Estes feitos non só quedaron gravados na memoria da veciñanza. Algúns deles atópanse documentados no Segundo eses datos, o 15 de xaneiro de 1937 apareceron nos arredores do cemiterio de Bembrive os corpos de: Eugenio González Alonso, Domingo Fernández Pazos e Indalecio Oya Alonso. Outros veciños de Bembrive foron fusilados noutros lugares; é o caso de Miguel Cuadrado Crespo (15/03/37); Juan Alonso Rodríguez (19/03/37); José Davila Uveira (5/10/36); Francisco Gómez Posada, Germán Gómez Posada e Cristino Romero Posada (15/12/41).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==