Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 180 Chan, ata Larín, e outra parte á presa do Galleiro (ou A Presa Galleira 57 ) de Abaixo, da que se regaban Os Chans e As Casas Vellas entre outros lugares. O seu nome, procedente do latín partire ‘dividir en partes’, ten un significado totalmente transparente por ser o lugar onde se partían as augas, expresión empregada habitualmente ao referirse a ela. Aínda que semella castelán polo sufixo – illa , o termo partilla é en realidade o correspondente ao castelán partija , propio do léxico dos testamen- tos e herdanzas, e emparentado co verbo compartillar ‘compartir’. A Fonte das Partillas é un dos elementos máis destacados do patrimonio material da parroquia pola presenza que aínda ten na memoria da súa veciñanza. Actualmente o xeito máis doado de acceder ás Presas do Galleiro é pola pista do Galleiro–Valadiñas dende a estrada da Área de Lecer polo curso do rego cara á Fonte das Partillas. Son dúas presas, A Presa do Galleiro de Arriba e A Presa do Galleiro de Abaixo , que como xa comentamos se alimentaban dos nacentes situados xusto por riba da Fonte das Partillas e do rego que baixa dende máis arriba, recollendo as augas que afloran na parte alta do Galleiro, onde na actualidade hai varios depósitos da comunidade de augas da Chan. Na actualidade, debido ao abandono do sistema de rego ligado ás presas, todas as augas que pasan por elas baixan pola Carracha e a Xabalouca para rematar alimentando as Presas das Cunchadas. A estas presas subían no pasado as anguías, peixes noutrora habituais en todos os regos e pozas das parroquias do rural vigués, pero case imposibles de atopar hoxe en día. Debaixo das Presas do Galleiro, atravesada polo rego das augas que agora, libres, baixan delas está A Coutada do Galleiro (O Galleiro). O Camiño do Galleiro (O Galleiro) é a continuación do camiño das Casas Vellas (antigo) que sobe dende A Xabalouca (rúa da Chan) ata As Presas do Gallleiro. Hai quen lle chama tamén camiño do Galleiro ao que foi nomeado camiño da Área de Lecer e que outras veciñas e veciños co- ñecían simplemente como o camiño do Monte. 57 Esta equivalencia entre as formas A Presa do Galleiro e A Presa Galleira é outro exemplo do emprego do feminino con valor adxectivo a partir dun nome masculino.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==