Toponimia do Val do Fragoso

179 A Terra concello de Vigo, aínda que xa na estrema con Nigrán, na parroquia de Saiáns, chámaselles galleiros aos piñeiros que se ían cortar ao monte e unha vez secos chantábanse no lugar da casa para pendurar os polbos a secar das pólas que se deixaban sen cortar. Trátase do Monte da Chan coñecido, por suposto, na fala como O Ghalleiro ou O Monte do Ghalleiro. Os seus límites non son recoñe- cidos xa con claridade, pero si podemos dicir que se entende por O Galleiro o lugar que ocupa a escola da Chan, continúa cara ao sur abranguendo A Carracha, sobe cara ao leste máis arriba das Presas do Galleiro, alá onde nacen as augas que baixan logo ata elas, e está den- tro do Monte do Galleiro tamén o merendeiro do Pouso, onde os ra- paces, que agora teñen xa máis de sesenta anos, ían xogar ao Campo do Galleiro coñecido por outras veciñas e veciños como O Campo do Balón ( –>Campo ). Tamén forma parte do Galleiro a ladeira por debaixo da escola da Chan onde, pasando o núcleo de casas situadas na beira do camiño da Candea, á man esquerda, se localiza unha coutada que nas escrituras figura como «Picaraña» 56 o Galleiro». Descoñecemos cal dos significados de galleiro deu lugar ao topónimo deste monte, xa que nel se cumpre a premisa de ser un lugar onde se podería recoller leña e espichos, pero a dobre denominación mencionada anteriormente de «Picaraña o Galleiro» inclínanos a pensar que o motivo sería a existen- cia dunha galla pétrea, como a do monte do Galiñeiro, coñecida como A Galla do Galiñeiro . Seguramente é tamén un penedo singular o que lle deu nome ao monte da Picaraña, en Ponteareas. Non podemos esquecer, aínda que é pouco probable que dese nome a un monte, a existencia dunha bifurcación que representa ade- mais o elemento máis destacable do monte do Galleiro: a da Fonte das Partillas. É unha pedra con forma de Y grego invertido, situada no leito do rego que baixa ás Presas do Galleiro (poucos metros por riba delas) e que servía para dividir as augas, dirixindo unha parte á presa do Galleiro de Arriba, que se empregaba para regar a zona noroeste da 56 Topónimo desaparecido xa do acervo toponímico da parroquia, que tampouco figuraba no Catastro de Ensenada nin no Libro de afanegados . Debe de ser un derivado de piccu , picca con dobre sufixación en - aro ( cf. cótaro , gándara ) e- año .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==