Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 178 e as casas e chalés que, despois da curva, seguimos atopando antes de saír á rúa de Xestoso. Aínda que se entende que As Ameixeiras, terras situadas cara ao norte, pertencen aos Freires, As Figueiras son conside- radas pola súa veciñanza xa como parte de Xestoso. No estremo oes- te das Figueiras, por riba dos Lodeiros, temos As Figueiras Pequenas, testando ao sur co Piñeiro; baixando polo camiño das Figueiras, son o terreo situado por debaixo da última entrada que atopamos á man de- reita e a vivenda en que desemboca, coñecida como «A do Pajarillo». Nas Figueiras, por riba do Piñeiro, lembran veciñas de pouco máis de setenta anos como súas avoas botaban liño, que unha vez recollido levaban a empozar ás presas do Galleiro. Á Presa das Figueiras, feita hoxe en día de cemento, chegamos baixando polo camiño dos Freires, uns sesenta metros despois de deixar a rúa de Xestoso. Os topónimos A Figueira e As Figueiras aparecen xa no Catastro de Ensenada . Debemos lembrar que, como corresponde á fala da zona onde nos atopamos, a súa realización é sempre con gheada ( A Figheira, As Figheiras, A Figheiriña ). Figueiriña, A Diminutivo de figueira , co sufixo moderno –iña. Trátase dun peque- no terreo situado por detrás da primeira casa á man dereita (só estrutu- ra) ao baixar polo camiño da Pedrosa uns cen metros. A súa realización é sempre con gheada A Figheiriña . Galleiro, O Deriva do latín * galleu ‘rama’ que deu o galego gallo, que ten, entre outras, as acepcións de ‘cada unha das partes que saen do toro das ár- bores ou das demais bifurcacións, nas que nacen follas, flores e froitos’ ou ‘rama ou pau bifurcado’. Esa acepción fai que en certas ocasións o topónimo non teña un valor fitotoponímico, senón que fai referen- cia simplemente ao concepto de bifurcación, como A Pena Gallada en Quiroga, que é unha pedra fendida en dúas. Palacio entende que o topónimo Galleira e outros relacionados con el como Galleiral ou Galleiros , si serían fitotopónimos que farían referencia a lugares onde se recollía leña ou paus empregados como arxóns, xa que un galleiro é tamén unha ‘especie de arxón’ (Franco Grande, X. L.: 1972, en DdD , s.v.), chamados espichos na veciña parroquia de Sárdoma. Dentro do

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==