Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 16 Méndez. Cando anos máis tarde se leva a cabo a conquista de Tui e os seus territorios, o rei Afonso Henriques de Portugal confirma esta doa- zón ao bispo tudense, naquela altura Xoán I. O reguengo de Benevivere estaba formado entón (1169) por uns 17 casais 8 . Finalmente, en agosto de 1180 o rei Fernando II de León reafírmalle ao bispo de Tui, Don Beltrán, a doazón do couto de Benevivere e en- gade o termo de Beade, en terras de Fragoso. Na Idade Moderna, a freguesía de «Santiago de Benbibre», tal como aparece no Catastro de Ensenada , segue a pertencer ao bispo e cabildo de Tui, aínda que baixo a xurisdición da vila de Bouzas. Contaba no ano de elaboración do antedito catastro (1751) con oito núcleos de poboación de máis de dez habitantes, e vinte de máis de cinco. En total, cincuenta e dous «lugares de habitación» con duascentas vinte e oito persoas adultas (propietarias) rexistradas. A súa principal activi- dade era a agrícola, e tiña como produtos destacados o trigo, centeo, millo, castañas e viño, ademais dos produtos de horta, e orxo en menor cantidade. En canto ao gando, contaba con bois, vacas, ovellas, carnei- ros, porcos, algunha cabra e cento cincuenta e seis colmeas. Había na parroquia algún xastre e carpinteiro, pero non existía máis actividade manufactureira cá a produción de fariña nos muíños. Trece en total, todos dunha roda. Existían tamén tres batáns: «en el término y río de San Ciprian para abatanar las mantas burdas y del país y que competen a: Pasqual Gon- zalez; Francisco Antonio Costas y Joseph Perez; Domingo Fernandez y Ismael de Abalde». Entrando xa na Idade Contemporánea, no ano 1836 constitúense os tres concellos que acabarán formando o Vigo actual: Bouzas, Vigo e Lavadores. Dentro deste último, con capital na freguesía de Santa Cris- tina de Lavadores, quedará encadrada a parroquia de Bembrive, xunto a Beade, Cabral, Candeán, Valadares e Zamáns. Case un século despois, en agosto de 1931, Bembrive constitúese en «pueblo agregado», dependente do concello de Lavadores, pero rexido pola súa propia Xunta Administrativa. Esta figura foi unha resposta á pe- 8 Entendíase por casal unha vivenda rústica e o conxunto de terras que podía traballar unha familia coa axuda dos seus criados. Polo tanto, que as propiedades do rei en Bembrive ascendesen a dezasete casais non significa que houbese dezasete vivendas necesariamente, senón que eran as terras que corresponderían ao traballo agricola de dezasete familias
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==