Toponimia do Val do Fragoso
177 A Terra neas (plantas co talo en forma de cilindro, normalmente oco, con follas longas e estreitas e flores dispostas en espigas que teñen gran seco) silvestres propias de lugares húmidos e/ou areentos como a Ammophi- la arenaria , Deschampsia flexuosa ou o Holcus lanatus ou a ciperácea Carex paniculata . Fenal é un colectivo de feno . O Fenal é a lingua de terra que se estende dende a rúa do San Ci- brán, fronte á Presa do Ripanso, cara ao nordeste, ata testar co camiño do Soeido e a das Cacharelas. Por nacente un muro sepárao dos terreos e vivenda que dan á rúa do San Cibrán no tramo anterior ao Ripanso, e marca o seu límite por poñente un forte desnivel que dá paso ao Soeido. Por debaixo de Fenal había dúas presas, e por riba hai un carreiro que vai dar ao camiño do Soeido, que era antigamente o coñecido como «rego general», por onde ía a auga dende O Ripanso ata As Pereiriñas, pasando por riba da Presa da Bouzafría. Deste rego regaban tamén As Veigas do Muíño, Sospalleiros, A Loureira e Os Campos da Porta. Este topónimo aparece xa nunha ocasión no Catastro de Ensenada . Figueira, A / Figueiras, As Do latín ficaria , é o nome común do Ficus carica , árbore da familia das moráceas que ten por froito o figo ( ficu ). Figueira , Figueiro , Figuei- rido e outros derivados están moi presentes na toponimia galega; rexís- transe máis de catrocentas entradas no Proxecto Toponimia de Galicia. Trátase dun terreo particular que dá ao Camiño do Pereiro (subindo, uns cento cincuenta metros antes da Rúa da Chan), con vivenda que dá ao camiño das casas vellas antigo (baixando o camiño, primeira á man esquerda). Nos Chans As Figueiras son unha pequena coutada dentro dos Chans de Abaixo, cara ao sueste das Presas das Cunchadas. Nos Freires atopamos diferentes topónimos que levan este vocábu- lo. O núcleo de terras e vivendas rodeado ao norte e leste polo camiño dos Freires, ao oeste polo valado que as separa dos Lodeiros e ao sur esténdese uns metros máis alá do camiño das Figueiras, abranguendo o que era o lugar de Tía Milia Bugarina , onde na actualidade hai tres chalés novos. O camiño está asfaltado e parte do camiño dos Freires, pouco antes de unirse coa rúa de Xestoso, para dar acceso aos novos chalés das Figueiras. Polo tanto, As Figueiras son os campos que nos quedan á man dereita cando subimos polo Cardal dos Freires a Xestoso
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==