Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 176 Estripeiral, que recibía a auga dende A Puga pola rúa de Mandín e den- de ela baixa o rego que ía unirse co que baixa de Reiriz. O Estripeiral , así como o topónimo Estripeiro, aparecen xa no Catastro de Ensenada . Estripeiriño, O Diminutivo de estripeiro . É unha pequena zona do monte do San Cibrán situada ao suroeste da Espiñeira, por riba dos Lagos. As veciñas do San Cibrán, agora de case noventa anos, que levaban o gando a pastar a estes montes, lembran que daquela non había ningunha árbore na zona, era todo monte baldío , aproveitado como pasto para o gando. Estripeiro, O Procede da sufixación, mediante a partícula – ariu , da base latina stirpe ‘tronco, raíz’. Débese o nome ao feito de seren empregadas as especies así denominadas como patrón ( tronco ) sobre o que enxertar diferentes especies de froiteiras. Estripeiro ou estripo , ademais do de es- piño , son outros dous nomes polos que se coñece o Crataegus monogy- na , pero é tamén un dos nomes dados á pereira brava ( Pyrus cordata ). Se dende o lugar de Paio baixamos polo camiño do Estripeiro ao río de Paio, O Estripeiro, coñecido tamén co nome de Sospalleiros ( Os Es- palleiros nas escrituras), son as terras de labor, aos pés do Peixebonito, que temos á man dereita, xusto antes de chegar á ponte. Estreman ao leste co río da Regada ou de Paio, ao norte co devandito Camiño do Estripeiro ao oeste cun camiño de servizo e ao sur con máis terras de labor das Pereiras. O Camiño do Estripeiro atopámolo á man dereita ao final do camiño de Paio, lixeiramente encaixado entre valados, e que nos leva á ponte sobre o río de Paio. Fenal, O O latín fenu evolucionou en galego a unha voz patrimonial feo e a un cultismo feno que conservou o – n – intervocálico que se perdeu no primeiro caso. Este segundo termo é o que mantén o significado que xa tiña en latín de ‘herba segada e seca que serve de alimento ao gando’, mentres que feo se emprega, segundo recolle a Nomenclatura verná- cula da flora vascular galega , para nomear distintas especies de gramí-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==