Toponimia do Val do Fragoso
175 A Terra Espiñeira, A Derivado por medio do sufixo – aria de spinu ‘espiño’, nome empre- gado para designar diferentes especies arbóreas ou arbustivas como o Crataegus monogyna (espiño albar, estripo ou estipeiro) o Prunus insiti- tia (variedade de abruñeiro) ou o Prunus spinosa (abruñeiro; arbusto cos froitos do cal se elabora o pacharán, bebida característica de Nafarroa). Sector do monte do San Cibrán delimitado aproximadamente pola pista da Fraga ao leste, o camiño das Valadiñas ao oeste, A Pedreira ao norte e A Coutada das Señoras ao sur. Hoxe en día os piñeiros co- bren esta ladeira, pero por sorte aínda podemos atopar entre eles algúns exemplares de espiño , algún deles de importante porte arbóreo, funda- mentalmente nas marxes do camiño que baixa dende a pista da Fraga para saír á das Valadiñas, a carón do rego que baixa pola Pedreira. Nes- te caso referímonos ao Crataegus monogyna 55 , rosácea empregada ha- bitualmente como pé para enxertar sobre el árbores froiteiras da mesma familia, sobre todo pereiras. Pero ademais, do espiño pódense aprovei- tar os froitos, cos que se fai confeitura, as follas novas, que se consomen en ensalada, as flores en infusión, ou mesmo a madeira como combusti- ble. O «Monte da Espiñeira» aparece xa no Catastro de Ensenada . Estripeiral, O Abundancial de estripeiro . Indica a presenza destas árbores no lugar así nomeado. Noméanse así (e co plural secundario Os Estripeirales ) o conxun- to de leiras, a maioría delas na actualidade a poulo, situado fronte á Cancela e por debaixo do Panxón. Dirixíndonos de Mandín cara aos Freires, uns noventa metros máis adiante da Volta do Popó (–> Popó), temos O Estripeiral á man esquerda, que se estende ata a curva pro- nunciada anterior á do Abade. O estremo norte márcao o terreo do Panxón totalmente pechado e separado por un valado. Xusto fronte ao Estripeiral, no outro lado da estrada, situada na Cancela está A Presa do 55 Descoñecemos, iso si, se en orixe foron estes espiños os que motivaron o topónimo ou algunha das outras especies que comparten o mesmo nome común (como o Prunus spinosa , coñecido tamén, ademais de como espiño ou espiñeiro , como abruñeiro ) e que hoxe en día parece que non están presentes.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==