Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 174 virían dados pola presenza da árbore, mentres os primeiros farían refe- rencia ás colmeas. En Bembrive rexistramos no veciño barrio de Xes- toso o topónimo O Sobreiro , polo que poderiamos estar ante a mesma situación, aínda que o feito de que apareza o topónimo Cortizo en singular complica a interpretación, xa que os cortizos se instalaban en grupos, polo que un topónimo derivado da súa presenza cabería espe- rarse en plural. Porén, sabemos que a actividade apícola non foi allea á parroquia de Bembrive. No Catastro de Ensenada cénsanse a me- diados do século xviii cento cincuenta e seis colmeas, cento seis delas instaladas precisamente no Monte do San Cibrán e pertencentes a un único propietario, Pasqual González, posuidor ademais dun «Cocho dos Cortizos» Estes indicios apuntalan a hipótese da orixe apícola e po- derían levarnos mesmo a especular sobre a antiga localización nestas coutadas daquelas colmeas de mediados do século xviii . Esparramán É topónimo escuro. Quizais unha alteración de Parramal orixinada cando se fixo necesario crear un plural secundario, coma noutros to- pónimos da zona que antes eran en singular. Iso supón unha alteración de Parramal en Parramán , que non sería excepcional en Fragoso ao tratarse dunha palabra opaca para os falantes (algo semellante, non é insólito oír Matamán por Matamá ). O Es – de Esparramán pode ser unha alteración dun artigo feminino plural As , coma o topónimo Escobichas e Escubichas , en Sabarís, que aparece así na documentación recente, pero que en CME se recollía como Covichas e As Covichas . Ante isto podemos dicir que Parramal é tamén topónimo escuro na súa morfo- loxía, aínda que semella ser un derivado de parra . En Xestoso, Esparramán ou Os Campos de Esparramán son as leiras que hai aos pés da presa do mesmo nome e que se estenden polo sur ata un pequeniño valado que os separa do Cabazo. A Presa de Espa- rramán, presa terreña de certa entidade e en bo estado, atopámola ao final do chamado Camiño de Esparramán . Este camiño en realidade era coñecido como o camiño do Lugar de Arriba, pero acabou collendo o nome do lugar a onde se dirixía, Camiño de Esparramán. Aínda que «Esparraman» aparece xa no Catastro de Ensenada (1752), no Libro de Afanegados (1846) atopamos a forma «Parramal».

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==