Toponimia do Val do Fragoso

173 A Terra queiras (o plural secundario é empregado con máis frecuencia) son as terras de labor, con numerosas vivendas xa construídas nelas, situadas á man dereita e tamén o monte situado á man esquerda. Pola dereita, esténdense uns cen metros por debaixo da estrada, ata testar co valado que as separa dos Campos da Fonte. Polo sur estreman coa Quiringosta e ao leste, por riba xa da estrada, na zona de monte, o seu límite már- cao o camiño do Chouso. En 1846 este topónimo nomeaba xa, como na actualidade, tanto te- rreos de monte como labradíos, e así atopamos en afanegados «Monte da Cerqueira», pero tamén «Campo da Cerqueira». Corticeiro, A Coutada do Procedente de corticiu , derivado á súa vez de cortex , – icis ‘cortiza’. A corticeira, cortiza ou cortizo é o Quercus suber , árbore comunmente chamada sobreira en galego, da familia do carballo e a aciñeira, que destaca polo grosor da súa cortiza, que lle é extraída para diferentes usos. Un deles foi tradicionalmente a construción de colmeas para a cría de abellas das cales obter cera e mel. Estas colmeas, antecesoras das de madeira, reciben o nome de trobo , covo ou tamén cortizo ou cortiza . Polo tanto, resulta complicado saber con toda certeza cando estamos ante un destes topónimos, se ten unha orixe fitotoponímica ou zootoponímica, relativa á apicultura. A Coutada do Corticeiro sitúase no Monte da Fraga, na beira es- querda da pista que vai dende As Casas Vellas da Fraga cara a Beade, aproximadamente uns catrocentos cincuenta metros antes de chegar á autoestrada do Val Miñor (AG–57). Na actualidade aínda se poden ver algúns exemplares de corticeiras, de tronco moito máis fino que o que adoitamos ver nos exemplares que medran en zonas de clima medite- rráneo, que lles é máis acaído. Cortizo, O Realizado na fala como O Curtizo polo peche do –o– provocado polo –i– tónico posterior, é unha coutada contigua á anterior. Navaza, en relación coa toponimia do municipio de Catoira onde aparece ta- mén o topónimo Os Cortizos , infire que, polo feito de existir na zona outros topónimos derivados de sobreira, estes últimos serían os que

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==