Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 172 Cerdeiró Diminutivo feminino de cerdeira coa evolución do sufixo – ola > – oa > –ó, típico do galego tudense e do portugués ( ceresariola > cerdeiró). Noutras áreas de Galicia o resultado sería Cerdeiroa , pois topónimos como Figueiroa ou Pereiroa teñen na nosa zona os resultados Figueiró , Pereiró . Cerdeiró (realizado na fala con seseo) é o lugar do barrio do Car- ballal situado entre A Penseira e A Bouzafría (barrio do San Cibrán). Está a trescentos metros, aproximadamente, do Camiño de Cerdeiró 54 , camiño da Bouzafría que separan a Fonte da Penseira das Pereiriñas, consideradas xa parte da Bouzafría. En dirección ao San Cibrán e pe- gado á estrada na man dereita, temos un complexo formado por Lava- douro, Fonte e Presa de Cerdeiró, en que a auga que mana da fonte é aproveitada para encher o lavadoiro e a presa. A leiras por debaixo do Lavadouro de Cerdeiró son O Campo de Cerdeiró . Aparece no Catastro de Ensenada coas formas «Serdeiro», «Zerdei- ro» e «Cerdeiros», e «Cerdeiro» en afanegados, en que figura non só como nome de propiedades senón xa como lugar de habitación. Cerqueira, A Do latín querquaria ou cercaria , derivados de quercus ‘carballo’. Fai referencia a un carballo en particular, o Quercus Pyrenaica , coñecido como cerquiño , pero tamén cerqueiro , rebolo ou carballo mouro . É unha especie de porte menor que o carballo común, máis resistente á seca, de cortiza gris escura (de aí o apelativo de mouro ) e coas follas pilosas no envés, que lle proporcionan unha cor cincenta. Brota facil- mente dende o tronco, polo que é fácil atopalo formando matas. Así a todo, non podemos desbotar a posibilidade de que conteña un derivado de cerca (do latín circa ), sobre todo tendo en conta a proximidade dos topónimos Os Cercados e O Chouzo , pero parece moi pouco probable. Situadas entre a Bouzafría, Os Chans e O San Cibrán, a ambos lados da rúa do San Cibrán. Dende o punto de unión entre as rúas do San Cibrán e A Chan, en dirección ao San Cibrán, A Cerqueira ou As Cer- 54 A forma correcta sería O Camiño de Cerdeiró e non Camiño Cerdeiros como figura oficialmente.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==