Toponimia do Val do Fragoso

171 A Terra a Asociación Cultural Xestas e dende aí cara ao norte e o leste, abran- guendo unha parte das naves situadas no polígono do Rebullón. Pero é a autoestrada do Atlántico, que pasa entre as instalacións da asociación e o polígono industrial, a que ocupa a maior parte da superficie do Pé da Cerdeira, ata hai poucos anos terreo de monte ao que as rapazas e rapaces fundamentalmente de Xestoso subían o gando a pastar, e onde enfrontaban os seus bois aos dos rapaces de Tameiga, un dos entrete- mentos cos que pasaban esas horas de faena que se estendía ás Lagoas Altas e á Pedra Aguda. A Presa do Pé da Cerdeira, que na actualidade xa non existe, atopábase aos pés da actual asociación Xestas, entre o ramal da estrada das Plantas que lle dá acceso e a estrada do Rebullón, que sobe dende a rotonda. Daba servizo de rega ao Lugar de Arriba, princi- palmente. O Pé da Cerdeira non aparece no Catastro de Ensenada , aínda que si «As Cerdeiras» (en plural na maioría dos casos), posiblemente coincidente coa localización actual. No Outeiro tamén se rexistra A Presa da Cerdeira , situada aproxima- damente aos pés do Barbón, que é unha presa longa e estreita feita de cemento. Para chegar a ela hai que tomar o sendeiro á man esquerda que parte da rúa da Cruz uns cincuenta metros máis arriba da entrada ao chamado camiño da Ribeira, pegado á casa antiga que fai esquina. Estas presas dan servizo de rega ás Cerdeiras. A Presa da Cerdeira

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==