Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 170 do en farmacia polas súas propiedades vasoconstritoras 53 . Aínda que é posible que Centieira sexa a forma máis empregada hoxe en día, Cen- teeira continúa totalmente viva na fala da parroquia, sobre todo na das persoas de máis idade. É ademais a máis etimolóxica e a grafía con dous – ee – permite as dúas realizacións na fala (Centeeira / Centieira; por suposto, con seseo os dous casos), polo que é a aconsellada á hora de fixar o topónimo na escrita. A Centeeira é unha terra de labor situada nos Troncales (Baruxáns) entre a pista de acceso a unha vivenda e o terreo situado por debaixo dela. Localízase uns oitenta metros máis abaixo da rotonda de Eifonso e cincuenta metros ao oeste da estrada do mesmo nome. Na actualidade seméntase millo. En Paio, entrando polo camiño do Xalón dende o da Regada, atopamos unha casa a uns cen metros á man esquerda situada no terreo coñecido como A Centeeira , onde a veciñanza lembra como non hai moitos anos se botaba centeo. Cerdeiras, As Do latín (con base á súa vez no grego) ceresaria . A cerdeira ( Prunus avium ) é a árbore que dá como froito a cereixa. O topónimo Cerdeira pode facer referencia a unha cerdeira en particular que destacase por algún motivo, ou ben ter un valor colectivo, aplicándose a un lugar onde abundan estas árbores froiteiras. No lugar da Fame este topónimo designa un polígono de leiras si- tuadas por debaixo do núcleo de casas do lugar do Outeiro. Ao leste e nordeste están circundadas pola rúa da Cruz, ao noroeste polo camiño das Esquinas e ao sur polo camiño das Cerdeiras. Dentro das Cerdeiras temos As Cerdeiras Grandes , As Cerdeiras Pequenas e posiblemente outros microtopónimos que xa non chegamos a recoller. O Camiño das Cerdeiras sobe pola rúa da Cruz, despois da curva, á man dereita; trátase da entrada asfaltada no seu tramo inicial para dar servizo a unha vivenda, e que continúa como camiño de pé que se une no final co ca- miño das Esquinas. Percorréndoo neste sentido, teremos á man dereita As Cerdeiras e á esquerda o lugar do Outeiro. En Xestoso documentamos dous topónimos compostos con este vo- cábulo O Pé da Cerdeira , zona de monte onde na actualidade se atopa 53 Unha das substancias producidas polo caruncho é tamén precursora do LSD.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==