Toponimia do Val do Fragoso
169 A Terra Á Coutada do Castiñeiro (A Fraga) chegamos se circulamos pola pista en dirección a Beade, uns cincocentos metros antes de chegar á ponte sobre a autoestrada, á man dereita. O Castiñeiro aparece no Catastro de Ensenada e no Libro de afanega- dos , ao igual que A Castiñeira , aínda que neste caso a frecuencia de apa- rición é, con moito, maior. Ademais, temos tamén A Castiñeira citada no foro do ano 1802 outorgado por José Costas (–> capela do San Cibrán). Cebolas, O Campo das Cebola é un nome que procede do latín cepulla , diminutivo de cepa . De feito, o nome científico deste bulbo é Allium cepa no caso da especie cultivada máis común, aínda que hai outras do mesmo xénero tamén consumidas e coñecidas igualmente como cebola , nome empregado ta- mén para plantas silvestres como a cebola do corvo , cebola do cuco , cebola do raposo etc. (L. Carré Alvarellos: 1926–1931, en DdD , s.v.). Leiras pertencentes ao Lugar dos Portugueses, nos Chans. Ao final do chamado camiño do Souto, pasado o último alpendre, chegamos ao Campo das Cebolas de Abaixo , que se estende ata testar cun camiño que parte da rúa da Chan e cara ao leste ata un valado por riba do cal continúa O Campo das Cebolas de Arriba . É posiblemente un topóni- mo moderno xa que non aparece no Catastro de Ensenada nin no máis recente Libro de afanegados . Centeeira, A Centeeira procede do latín centenaria , – iu , un derivado de centenu , nome común da gramínea Secale cereale ‘centeo’ . Plinio e Santo Isi- doro, segundo nos relata Moralejo (1977: 157), interpretaban (posible- mente facéndose eco da etimoloxía popular) que este nome apareceu polo feito de dar esta planta «cento por un» grans. A principios do século vinte Galicia e León eran os principais núcleos de produción de centeo no estado, e era na nosa terra onde se acadaban os máximos de produción (Andrés Gallego, 1982: 414). Ademais do gran e a palla, do centeo chegouse a aproveitar ata un parasito, o fungo Claviceps purpurea, coñecido como caruncho , dentón , cornizó etc., emprega-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==