Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 168 que antigamente sería un verdadeiro poulo, que hai por riba do Lavadou- ro da Castiñeira , en dirección á Viña Grande. Este lavadoiro mais A Fon- te da Castiñeira están situados no final do Camiño da Castiñeira , polo que en liña recta se atopan a escasos sesenta metros por baixo do punto onde a rúa da Viña Grande chega a Recaré. De feito, hai un sendeiro para baixar ao lavadoiro dende a rúa de Recaré (por riba da fonte xa é Recaré), que entra entre dúas casas. Está en bo estado e cuberto, aínda que o muro de bloques que o rodea reduce a entrada de luz. A Presa da Castiñeira completa o conxunto, trátase dunha presa grande, rectangular e de cemento situada no desaugadoiro do Lavadouro da Castiñeira. En Xestoso a franxa de monte situada na estrema con Mos entre As Lagoas Altas ao norte e O Monte Alto ou O Monte da Pedra Aguda ao sur, por riba das coutadas do Pouso é O Pozo Castiñeira . Se circula- mos pola estrada das Plantas cara á Universidade, uns metros antes de chegar á Regueiriña, onde se atopa a baixada cara ao Pouso e temos unha parada de autobús urbano, estaremos no Pozo Castiñeira, xa que o trazado da estrada, e sobre todo a autoestrada, ocuparon a maior par- te da súa extensión e quedaron só algúns fragmentos de coutadas por debaixo da estrada. Neste pozo hai unha mina, que queda agora entre as dúas vías da autoestrada, aproveitada pola comunidade de augas de Xestoso. Parece ser que había un pozo por debaixo das Leiras, fronte a Casaldares ao que se lle chamaba tamén así, Pozo Castiñeira. Castiñeiro, O É a forma habitual empregada para referirse á árbore produtora de castañas. Provén dunha forma romance castañeiro por palatalización da vogal pretónica en contacto coa nasal palatal (Navaza, 2006: 184). Grupo dunhas catro leiras, a primeira cultivada con millo e viñas e as dúas seguintes con cadansúa vivenda construída, que hai por riba do camiño do Carballal, xusto antes de chegar ao camiño do Pereiro. Baixando polo camiño do Pereiro, unha vez pasado o núcleo de vivendas das Casas Vellas e A Leira, o camiño describe unha curva que marca o estremo sur do Castiñeiro , composto polos terreos cultivados con viña que dan ao camiño e coutadas cara ao norte. Estrema ao oeste coa Loria e ao leste coa Leira e O Castañal. Enténdese, polo tanto, que esta debía ser unha zona antigamente rica en castiñeiros.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==