Toponimia do Val do Fragoso

15 A x e o g r a f í a d a p a r r o q u i a Bembrive pertence, xunto a Beade, Cabral, Candeán, Valadares, Za- máns, Coruxo, Oia e Saiáns ao considerado como segundo anel da cidade. Estas parroquias caracterízanse por ter gran parte da súa super- ficie baixo uso forestal; unha, en xeral, baixa densidade de poboación, que no caso de Bembrive estaba por debaixo dos 500 hab/Km 2 no ano 2000 (fronte á media municipal próxima aos 2700 hab/Km 2 ); e unha certa pervivencia, aínda que cada vez menor, das actividades agrogan- deiras. De feito, malia o seu declive, Bembrive conta aínda con catro dos once únicos núcleos rurais recoñecidos no Plan Xeral de ordena- ción urbana: A Chan, O San Cibrán, Miraflores e Xestoso (os outros cinco pertencen a Zamáns e un, Fragoselo, a Coruxo). As primeiras referencias escritas á existencia da parroquia atopámo- las no ano 915 ( CODOLGA ). O primeiro de setembro dese ano o rei de Galicia, Ordoño II, e a súa esposa Elvira, concédenlle ao bispo de Lugo, Recaredo, ademais doutros bens, o poboado e as terras de Benevivere, en Turonio: «& Villam Manzaneta per suis terminis: similiter & in Tu- ronio Benevivere dictam etiam, & Parata in ripa de minor cum suos». Porén, case un século despois, no ano 1024, o rei Afonso V, seguindo súa a política de apoio á sé compostelana, doaría estas terras ao bispo de Santiago 7 , quen inicia así a súa presenza na zona de Vigo. A dependencia da mitra compostelá tampouco se estendería moito no tempo, xa que no ano 1142 o emperador Afonso VII (galego de na- cemento e rei de León), no contexto das guerras de independencia de Portugal, outorga o reguengo de Benevivere ao bispo de Tui, Don Paio 7 Posiblemente esta sexa a orixe da advocación parroquial actual. A parroquia 2

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==