Toponimia do Val do Fragoso

167 A Terra do grego. Castañal é a forma derivada mediante o sufixo – ale con valor colectivo, que designa un lugar poboado de castiñeiros. O Castañal é un pequeno anaco de terra por debaixo da última casa do camiño das Casas Vellas. Por debaixo del está o extremo norte do Castiñeiro. En Mourelle é o segundo campo, traballado, que atopamos ao final do tramo asfaltado do camiño da Cova á man dereita. No Pou- so, O Castañal son os campos por riba da Xabreira da Pascua, planta- dos agora con kiwis e en Xestoso os antigos campos e poulos por riba do Pozo do Gancho, invadidos agora de «acacias de pico». Castiñeira, A Na documentación antiga castiñeira aparecía frecuentemente como sinónimo de castiñeiro , co valor singular que a forma masculina man- tén agora, pero na actualidade ten valor colectivo, ao igual que casta- ñal . É un derivado, mediante o sufixo –eira (<– aria ), de castaña . En Baruxáns, entrando polo camiño da Castiñeira, un pouco máis arriba da ponte de Moledo, son as terras que se estenden diante nosa unha vez pasado o núcleo de casas, á man dereita do sendeiro de terra que continúa atravesándoas, e á man esquerda, cara ao norte (por onde testa cos Redondos), ata chegarmos á rúa do Cacheno, poucos metros antes de unirse á avenida de Madrid. Situada no estremo leste da Cas- tiñeira, á man esquerda do camiño pouco antes de saírmos á rúa do Cacheno, temos A Castiñeira Grande , por detrás do Cocho. Nesta zona tamén está A Presa da Castiñeira que regaba A Castiñeira, pero que está nos Troncales, por debaixo da estrada de Bembrive, onde xira para diri- xirse á Pedra, polo que hai quen a coñece como A Presa dos Troncales. Se subimos polo camiño da Mandada, as leiras situadas por debaixo da última casa pertencen xa á Castiñeira, así como as situadas a conti- nuación dela cara ao norte, algunha con árbores froiteiras, outra cons- truída, e en xeral a poulo, ata chegar ao camiño da Costa (agora da Ribeira). De feito, con este camiño tocaba A Castiñeira Pequena , aínda que aquí se produce xa un solapamento co topónimo As Costas , que continúan do outro lado do camiño cara ao norte, pero neste lado te- mos xa as chamadas A Costa do Luciano ou A Costa da Cascarrañota. En Segade abrangue o núcleo de casas e as terras ao redor do camiño da Castiñeira, dende o lavadoiro do mesmo nome cara ao oeste. Aquí tamén localizamos O Poulo da Castiñeira, terreo, agora «a poulo», aínda

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==