Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 166 Carpizo, A Fonte Carpizo ou carpanza é outro dos nomes que reciben os carrascos ou ben algunhas especies de cistáceas, especialmente o Cistus psilo- sepalus. Considérase voz de orixe prerromana, aínda que non existe consenso sobre a súa raíz concreta. En todo caso, hai que ter en conta que Carpizo é tamén apelido, especialmente frecuente en Ávila, pero que en Galicia ten presenza, aínda que moi escasa, precisamente no municipio de Vigo. Polo tanto, o topónimo puido estar motivado tanto pola existencia das plantas así nomeadas, como pola presenza dun po- suidor portador deste apelido. É a fonte que agora atopamos no Lavadouro de Eifonso, pero que an- tes estaba situada xusto enfronte, do outro lado da estrada de Bembrive, ao entrar no camiño dos Pelames á man esquerda. Carracha, A Unha carracha , ademais do insecto hematófago coñecido tamén como carracho , é, segundo o dicionario de Eladio Rodríguez, unha ‘planta en forma de mata leñosa de pouca altura, común nos montes de Galicia’ sinónimo de foupa e, polo tanto, de carroucha , carrasca ou carpaza . En todas elas atopamos, de acordo con Rivas, a raíz pre- rromana *CAR– ou *K–R ‘rocha, cousa de constitución dura, planta de monte, áspera e dura’. Pero carracha puido ter sido empregada cun uso figurado, despectivo, para designar un terreo pequeno ou pouco pro- dutivo, ou ben como un alcume persoal dun propietario, que quedou fixado logo como topónimo. Localízase na cara oeste do monte do Ga- lleiro, fronte á Fonte da Xabalouca, e abrangue esa parte de ladeira ata chegar ás Presas do Galleiro. Pola Carracha discorre o rego que baixa dende elas ata a antedita fonte. Castañal, O Froito da árbore que ten por nome científico Castanea sativa e por común castiñeiro . A percepción visual que produce a cuberta destes froitos (en realidade da semente, unha vez retirado o ourizo) deu lugar ao nome dunha cor, o castaño, termo que está a ser substituído polo galicismo marrón . Castaña procede do latín castanea , tomado á súa vez
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==