Toponimia do Val do Fragoso
165 A Terra te da praza da Parrocha. Era unha casa antiga, coñecida xa en ruínas por veciños que agora teñen oitenta anos. O Camiño da Cardadeira ía dende a praza da Parrocha, por riba da Cardadeira, cara ao norte, ata chegar á estrema con Lavadores, dende onde continuaba ata Barreiro. Era un camiño moi empregado polas veciñas e veciños desta zona, tanto para ir traballar como para ir divertirse nos bailes da sala de festas chamada «La Palmera». Na actualidade o camiño foi cortado e remata, pouco máis adiante do colexio «Las Acacias», nun precipicio que dá á avenida de Madrid. Cardal, O Derivado colectivo en – al (< latín – ale ) a partir de cardo (< la- tín cardus ). Un cardal é unha plantación ou un conxunto de cardos , nome común que se aplica a diferentes especies de plantas da familia das compostas que se caracterizan por ter as follas e inflorescencias espiñentas. Algunhas delas son comestibles, como a alcachofa, ou teñen outras aplicacións, como o cardo leiteiro, empregado para ca- llar o leite. Pero tamén reciben o nome común de cardo plantas de aspecto similar pertencentes a outras familias, como o Eryngium cam- pestre que é unha umbelífera, ou o Dipsacus fullonu , unha dispsácea, coñecida polo nome común de cardo penteador porque era emprega- do antigamente para peitear a lá ou o algodón, de aí a aparición do verbo cardar. Son as leiras situadas por debaixo dos Lodeiros. Por riba, ao oeste e noroeste dos actuais camiño dos Freires e camiño da Puga de Arriba. Algunhas das leiras están aínda traballadas, outras a poulo, e nas cen- trais hai construída unha vivenda. Mais, en sentido laxo, considérase O Cardal todo o territorio entre O Camiño das Ameixeiras e O Xalón, polo que Os Lodeiros formarían parte del. O Camiño do Cardal sobe dende a entrada ao Xalón cara a Xestoso, agora é o tramo superior da estrada coñecida como camiño dos Freires. Subindo por este camiño, escasos vinte metros máis arriba da entrada ao camiño do Xalón, temos á man esquerda, na cabeceira da primeira leira, A Presa do Cardal . O topónimo O Cardal aparece xa no Catastro de Ensenada e poste- riormente no Libro de afanegados , case sempre como propiedade de veciños dos Freires ou, no seu defecto, de Xestoso.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==